COLABORACIÓN COS COLEXIOS 15/02/2017

A asociación FICBUEU está a colaborar con diversos centros educativos do municipio na promoción do cinema entre as rapazas e rapaces. Esta mañá, uns 130 nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP A Pedra asistiron á proxección de ‘101 Dálmatas’ no Centro Social do Mar.

Doutra banda, a organización do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu colaborará tamén na Semana Cultural que cada ano organiza o CEIP Montemogos de Beluso. Estase estudando asemade a posibilidade de preparar algunha actividade para o alumnado de Primaria do CEIP A Pedra, xa que en ambos os dous colexios están a traballar o cinema como proxecto para este curso.

Por outra parte, as nenas e nenos de catro anos do CEIP A Pedra están a preparar os diálogos para dobrar unha curtametraxe. Trátase de ‘La canción de Fémerlin’, premiado filme mudo realizado polo director do FICBUEU, Manuel Pena, que as rapazas e rapaces se encargarán de converter en cine sonoro.

Volver arriba