QUERES SER PARTE DO FICBUEU? 3/04/2017

Se es unha empresa, grande ou pequena, ou calquera outro tipo de entidade, podes colaborar co FICBUEU 2017 sacándolle o maior rendemento ao teu patrocinio. Desde só 100 euros, o teu logotipo pode estar presente no décimo aniversario do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Tamén se acordan esponsorizacións a medida e mesmo se pode cofinanciar a Área Social, na que se desenvolven actividades cinematográficas con diferentes colectivos ao longo de todo o ano.

Formar parte dunha iniciativa de éxito como é o FICBUEU supón asociar o nome da túa marca a un proxecto de calidade, consolidado, de proxección internacional e comprometido coa coa cultura e coa sociedade. Ao tempo, garánteche chegar a unha gran cantidade de público, dado o crecemento continuo que está a experimentar o evento, así como a súa ampla difusión nos medios de comunicación. Unhas 5.000 persoas pasaron pola última edición do festival, que conta asemade con milleiros de seguidores nas redes sociais.

Infórmate sobre as diferentes fórmulas de colaboración neste dossier e contacta connosco en producion1@ficbueu.com ou no teléfono 659 613 238 (Ignacio Cubero).

Volver arriba