tt

 

novasACTUALIDADE DO FESTIVAL


‘SILENT RIVER’ GAÑA O FICBUEU 2011 12.09.2011

premios

‘Silent River’ (Alemaña/Romanía) gañou a cuarta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. A curta polaca de animación ‘Esterhazy’ recibiu o Segundo premio. A Mellor curtametraxe galega foi ‘De qué se ríen las hienas’, e ‘Dúas letras’ obtivo o Premio do público.

Este é o palmarés completo do festival:

PRIMEIRO PREMIO: ‘Silent River’ (Alemaña/Romanía), Anca Miruna Lazarescu
SEGUNDO PREMIO: ‘Esterhazy’ (Polonia), Izabela Pluscinska
MELLOR CURTA GALEGA: ‘De qué se ríen las hienas’ (Galicia), Javier Veiga
PREMIO DO PÚBLICO: ‘Dúas letras’ (Galicia), Eloy Varela

- Mellor dirección: Anca Miruna Lazarescu (‘Silent River’)
- Mellor guión: Izabela Pluscinska & Anna Jadowska (‘Esterhazy’)
- Mellor actriz: Valentina Cottet (‘Nena’)
- Mellor actor: ex equo Cuzin Toma & Andi Vasluianu (‘Silent River’)
- Mellor fotografía: Sofian El Fani (‘Garagouz’)
- Mellor dirección artística: Agata Rojek (‘Esterhazy’)
- Mellor montaxe: Dan Olteanu (‘Silent River’)
- Mellor música: Antonio Remache (‘Tres razones’)
- Mellor son: Thorsten Bolzé & Attila Makai (‘Silent River’)
- Mellor vestiario: Chouchane Abello (‘Le Piano’)
- Mellor maquillaxe/perruquería: Ester Mann & Ani Hamel (‘Le Piano’)

Descaga aquí a nota de prensa


VÍDEO FICBUEU 2011 08.09.2011

Este vídeo recolle o que está a ser o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Protagonistas e membros do equipo das curtas en competición mestúranse coa morea de xente que acode ás sesións. Ao remate, todos queren votar para decidir o Premio do Público.


EXITOSA ESTREA FICBUEU 2011 06.09.2011

dia1

Unhas 400 persoas achegáronse onte luns ata o Centro Social do Mar de Bueu para asistir á primeira sesión do FICBUEU2011. Xente de todas as idades abarrotou o auditorio. Entre o público, personalidades coma a escritora Fina Casalderrey ou a actriz Uxía Blanco. Un ano máis, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu está a ser un auténtico éxito.

Descaga aquí a nota de prensa oficial.


ARRANCA O FICBUEU 2011 04.09.2011

centro

A cuarta edición do FICBUEU comeza hoxe luns, 5 de setembro, con cinco das 25 curtametraxes que se proxectarán ao longo da semana. As sesións terán lugar a partir das 21.30 horas no Centro Social do Mar de Bueu (Pontevedra), con entrada de balde. O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu pecharase o sábado cunha gran festa de clausura.

Descaga aquí a nota de prensa oficial.


CONVIDADOS FICBUEU 2011 04.09.2011

Membros do equipo de diversas curtametraxes europeas asistirán a vindeira semana ao FICBUEU2011. Representantes das dúas producións galegas e outras curtas españolas que compiten no festival estarán tamén presentes. Será a primeira vez que algunhas das cintas se proxecten en España. Para o público é asemade unha das poucas oportunidades de ver en Galicia curtametraxes internacionais na pantalla grande.

Descaga aquí a nota de prensa oficial.


FESTA DE PECHE FICBUEU 2011 02.09.2011

Diana Quartet

O cuarteto Diana Tarin Band actuará o sábado 10 de setembro na festa de peche do FICBUEU2011. O grupo liderado pola cantante cubana ofrecerá un variado repertorio de versións jazz, soul, funk e rithm&blues. O público asistente á entrega de premios recibirá ao remate a súa invitación para gozar da actuación e mais dun ágape no pub Aturuxo. A gala de clausura comezará ás 21.30 horas no Centro Social do Mar.

Descaga aquí a nota de prensa oficial.


PRESENTACIÓN FICBUEU 2011 25.08.2011

presentación

O Concelleiro de Cultura, Andrés Lamosa, e o director do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, Manuel Pena, presentaron esta mañá a programación do FICBUEU2011. Do 5 ao 10 de setembro, proxectaranse no Centro Social do Mar as 25 cintas de 15 países diferentes que abordan as máis variadas temáticas. Trátase da edición máis internacional e con maior calidade do certame.

Descaga aquí a nota de prensa oficial.


PROGRAMA FICBUEU 2011 09.08.2011

cartel

Fai click aquí para descargar o programa oficial do FICBUEU2011.


CURTAMETRAXES SELECCIONADAS 20.07.2011

mosaico

Estas son as 25 curtametraxes que participarán na presente edición do FicBueu:

“Bisqilet” Serhat Karaaslan (Turquía)
“De que se ríen las hienas” Javier Veiga (Galicia/España)
“Dúas letras” Eloy Varela (Galicia/España)
“El coito te nubla” Gullermo Álvarez (España)
“En la próxima parada” Luís Francisco Pérez (España)
“Esterhazy” Izabela Plicinska (Polonia)
“Fixing Luka” Jessica Ashman (Reino Unido)
“Garagouz” Abdenour Zahzah (Arxelia)
“I don´t feel like dancing” Joachim Dollhopf & Evi Goldbrunner (Alemaña)
“Khorosho” Miguel Ángel Juménez (España)
“Le maillot de Cristiano” Vincent Bruno (Bélxica)
“Le piano” Lévon Minasian (Armenia/Francia)
“Morir cada día” Aitor Echeverría (España)
“Nena” María Florecia Álvarez (Arxentina)
“Not scared” Kateryna Naumenko (Ucraína)
“Pizzangrillo” Marco Gianfreda (Italia)
“Reise ohne Rückkehr” Güclü Yaman (Turquía/Alemaña)
“Seppi & Hias” Emre Koca (Alemaña)
“Silent River” Anca Miruna Lazarescu (Alemaña/Romania)
“Stripburger v gibanju” Boris Dolenc (Eslovenia)
“Tabú” Vincent Coen & Jean-Julien Collette (Bélxica)
“They say” Alauda Ruiz (España)
“Tres razones” Enrique García (España)
“WAGs_wives and girlfriends” Evi Goldbrunner & Joachim Dollhopf (Alemaña)
“Wie immer” Zubin Sethna (Alemaña)


CURTAMETRAXES RECIBIDAS 13.07.2011

A recepción de obras péchase coa inscrición de 575 curtas. Recibindo traballos de máis de 40 países dos 5 continentes.
Poden consultar aquí a lista das curtas presentadas.


SEGUEMOS AMPLIANDO AS NOSAS FRONTEIRAS 10.05.2011

Coas 150 primeiras curtas recibidas o FicBueu continúa ampliando as súas fronteiras e consolidando o seu carácter internacional. Nas pasadas edicións xa contamos cunha ampla participación de países dos cinco continentes, a maioría incrementan a súa participación cada ano, e no primeiro mes de recepción de obras para o FicBueu2011 xa se sumaron países dos que ata o memento non recibíramos ningunha obra: Alxeria, Suiza, Venezuela, Singapur, Armenia, Turquía, Romanía ou Israel.

mapa


ENVÍO DE OBRAS ONLINE 30.03.2011

Para ofrecer novas posibilidades á hora de enviar as películas, e aforrar custos, principalmente nos envíos internacionais, o festival incorpora a ferramenta Movibeta aos seus métodos de inscrición.

Consulta os tipos de envío nas bases do festival.


ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN 01.03.2011

Queda aberto o prazo de inscrición para a edición 2011, cuxo período de recepción de obras estenderase ata o 25 de xuño.

O 20 de xullo anunciaranse na web os seleccionados.

Esperamos con ilusión a recepción das vosas obras.


BENVIDOS Ó FICBUEU2011 25.02.2011

Esta mañá presentouse a cuarta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se celebrará do 5 ao 10 de setembro. A partir do próximo 1 de marzo abrirase o prazo para a inscrición de obras. Para máis información consultar as bases.



Na foto: Manuel Pena (director do festival), Andrés Lamosa e Félix Juncal (concelleiro de cultura e alcalde do Concello de Bueu, organizador do evento).


NOTICIAS - ACTUALIDADe Do FESTIVAL

 

basesAS REGRAS DE XOGO


O 4º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu celebrarase en Bueu (Pontevedra, España) do 5 ó 10 de setembro de 2011.

PARTICIPACIÓN

A participación está aberta a todas as obras realizadas a partir do 1 de xaneiro do 2008, podendo concorrer creadores de calquera nacionalidade.

Poderán presentarse obras de calquera xénero, exceptuando o documental, a causa da imposibilidade de facer unha valoración competitiva coa ficción.

As obras terán unha duración máxima de 30 minutos. Aquelas cuxo idioma non sexa o galego ou o castelán deberán estar subtituladas nalgún deles. Para o proceso de selección, no caso de non estar subtitulada en ningún destes idiomas deberán enviar unha tradución impresa dos diálogos.

A película poderá estar rodada en calquera formato, sendo a única esixencia o posuír unha copia en DVD para a súa proxección.

Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe.

Non serán admitidas as curtametraxes que se presentaron en edicións anteriores.

INISCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO DO FESTIVAL

As obras poderanse enviar dende o 1 de marzo ata o 25 de xuño de 2011. As que estean fechadas con posterioridade non serán aceptadas.

De entre todas as curtametraxes recibidas serán seleccionadas 25, as cales serán anunciadas a través da web do festival o 20 de xullo.

A cada unha das obras seleccionadas comunicaráselle a súa participación vía e-mail. A través deste tamén se lle solicitarán os datos e o material gráfico necesarios para o desenvolvemento do festival. Este terá que ser enviado antes do 30 de xullo.

Celebración do festival:

- Proxectaranse 5 curtametraxes cada día do 5 ó 9 de setembro.
- O sábado 10 de setembro farase a entrega de premios e volveranse proxectar as curtametraxes premiadas. Trala gala celebrarase unha festa de clausura.

PREMIOS

O xurado estará composto por cinco membros relacionados co ámbito da cultura e do audiovisual, e serán eles os que outorguen os distintos premios, a excepción do premio do público.

Estableceranse as seguintes categorías:

- Primeiro curtametraxe: 2.000E e trofeo.
- Segundo premio: 1.000E e trofeo.
- Premio do público: 500E e trofeo.
- Mellor curtametraxe galega: 500E e trofeo.
- Mellor director: Diploma.
- Mellor guión: Diploma.
- Mellor actriz: Diploma.
- Mellor actor: Diploma.
- Mellor fotografía: Diploma.
- Mellor dirección artística: Diploma.
- Mellor vestiario: Diploma.
- Mellor maquillaxe/perruquería: Diploma.
- Mellor son: Diploma.
- Mellor montaxe: Diploma.
- Mellor música: Diploma.

Para a recepción dos catro premios principais será obrigatoria a asistencia á cerimonia de clausura. Para iso facilitaráselles aos premiados estancia gratuíta para esa noite.

Os premios en metálico están suxeitos a súa correspondente retención fiscal.

Os gañadores dos premios técnicos tamén se lles proporcionará hospedaxe gratuíto para a gala de clausura, así como unha axuda económica para a viaxe.

ENVÍO

Para inscribirse no certame hai que enviar antes do 25 de xuño:

- DVD da obra.
- Ficha de inscrición.

(Rógase que non se envíe ningún material adicional, xa que non será arquivado).

Os envíos fechados o mesmo 25 de xuño serán admitidos.

Envío postal:
Melodía Visual
Plaza Massó
Baixo comercial Melodía Visual
36930 - Bueu (Pontevedra)

Envío online:
Tamén podes realizar o envío online a través da ferramenta Movibeta. Con ela o festival dispón dun espazo privado nun servidor, polo que o contido non é público.

Para facer o envío pica AQUÍ e rexístrate. (Neste caso non terás que descargar a nosa ficha de inscrición, senón a propia de Movibeta)

O prezo do envío é de 4E máis I.V.E., comproba que a túa curta estea en formato dixital e que pese menos de 500 MEGAS. Non esquezas cubrir a ficha do festival, despóis de subires o video. Sempre podes pulsar "editar información do video" e trocala ou engadir a información ou os arquivos que precises. Se tes algunha dúbida ou consulta sobre este proceso, envía un mail a info@movibeta.com, eles poderán axudarte.

Para calquera dúbida ou información: 669 830 773 ou info@ficbueu.com


BASES -AS REGRAS Do xoGO

 

palmarésOS PREMIOS DO FESTIVAL


PALMARÉS FiC 2011

PRIMEIRO PREMIO: ‘Silent River’ (Alemaña/Romanía), Anca Miruna Lazarescu
SEGUNDO PREMIO: ‘Esterhazy’ (Polonia), Izabela Pluscinska
MELLOR CURTA GALEGA: ‘De qué se ríen las hienas’ (Galicia), Javier Veiga
PREMIO DO PÚBLICO: ‘Dúas letras’ (Galicia), Eloy Varela

- Mellor dirección: Anca Miruna Lazarescu (‘Silent River’)
- Mellor guión: Izabela Pluscinska & Anna Jadowska (‘Esterhazy’)
- Mellor actriz: Valentina Cottet (‘Nena’)
- Mellor actor: ex equo Cuzin Toma & Andi Vasluianu (‘Silent River’)
- Mellor fotografía: Sofian El Fani (‘Garagouz’)
- Mellor dirección artística: Agata Rojek (‘Esterhazy’)
- Mellor montaxe: Dan Olteanu (‘Silent River’)
- Mellor música: Antonio Remache (‘Tres razones’)
- Mellor son: Thorsten Bolzé & Attila Makai (‘Silent River’)
- Mellor vestiario: Chouchane Abello (‘Le Piano’)
- Mellor maquillaxe/perruquería: Ester Mann & Ani Hamel (‘Le Piano’)

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estes foron os premiados nas anteriores edicións do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

PALMARÉS FiC 2010

PRIMEIRO PREMIO: “Pablo”, de Nely Reguera
SEGUNDO PREMIO: “Cannon beach”, de Manuel Calvo
PREMIO DO PÚBLICO: “La historia de siempre”, de José Luis Montesinos
MELLOR CURTA GALEGA: “O soldadiño de Chumbo”, de Virginia Curiá y Tomás Conde.

Mellor director: Kristof Hoornaert por “Kaïn”
Mellor actriz: Laura de la Uz por “Los minutos, las horas”
Mellor actor: Pablo Derqui por “Pablo”
Mellor guión: Nely Reguera por “Pablo”
Mellor fotografía: Chaiyapreuk Chalermpornpanich por “Tapien Rim Klong”
Mellor montaxe: Vladimir Andonov por “ Stanka se pribira vkashti”
Mellor sonido: Daniela Bassani y Stefano Grosso por “ Rita”
Mellor música: Oliver Kracht por “Weightless”
Mellor dirección artística: Íñigo Navarro por “Yanindara”
Mellor vestiario: Julia Buckmiller y Bárbara Kloos por “Weightless”
Mellor maquillaxe e perruquería: David Ambit y Eva Fontenla por “Lo Siento, te quiero”

PALMARÉS FiC 2009

PRIMEIRO PREMIO: "Homeland" Juan de Dios Marfil Atienza
SEGUNDO PREMIO: "El tiempo prestado" David González Rudiez
PREMIO DO PÚBLICO: "Manual práctico del amigo imaginario" Ciro Altabás Fernández
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO: "Love" Biel Mauri Pou
PREMIO Á MELLOR CURTA GALEGA: "Por la mañana" Toño Chouza

Mellor Guión: "El encargado" Sergio Barrejón y Nacho Vigalondo
Mellor Dirección: "El tiempo prestado" David González
Mellor Reparto: "Love" Bruno Bergonzini, Jordi Gràcia, Clara Segura, Alena Villaronga
Mellor Fotografía: "Love" Jordi Hernández
Mellor Dirección Artística: "El mal de Schneider" Ángel Boyano y Nino Morante
Mellor Vestiario: "El mal de Schneider" Ariadna Paniagua
Mellor Maquillaxe /Barbaría: "El mal de Schneider" Isabel Auernheimer y Mayte González
Mellor Son: "Reacción" Antonio Bejerano, Jonathan Darch y Jordi Juncadella.
Mellor Montaxe: "Today is Sunday" Isaac Berrokal
Mellor Música: "Homeland" Juan de Dios Marfil

PALMARÉS FiC 2008

MELLOR CURTAMETRAXE: "Save the world" David Casals-Roma
PREMIO ESPECIAL DO XURADO: "El ataque de los robots de Nebulosa-5" Chema García
PREMIO DO PÚBLICO: "Niños que nunca existieron" David Valero
MELLOR CURTAMETRAXE GALEGA: "Leo" Fernando Cortizo

Mellor Director: "Save the World" David Casals-Roma
Mellor Guión: "For(r)est in the des(s)ert" Luis Alejandro Berdejo
Mellor Actriz: "Elena" Myriam Espinoza
Mellor Actor: "Jingle Bells" Dani Castellá
Mellor Fotografía: "Niños que nunca existieron" Enrique Vasalo
Mellor Dirección artística: "Villa Olvidada" Miguel López y Elena Nájar
Mellor Vestuario: "Cores" Jesús Lesta
Mellor Maquillaxe / Barbaría: "Jingle Bells" Tamara Puertas y Silvia Carrasco
Mellor Son: "Niños que nunca existieron" Jose Luis Vázquez
Mellor Montaxe: "Save de World" Michael Shark y Toby Robertson
Mellor Música: "Empty Spaces" Jorge Alberto Sánchez


PALMARÉS - OS PREMIOS Do FESTIVAL

 

participantesOS XOGADORES



01

BISQILET (Bicicleta)
ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: Turquía
DIRECCIÓN: Serhat Karaaslan
REPARTO: Baran Salman, Mehmet Ünal, Musa Karagöz
SINOPSE: Firat, que vive de recoller lixo co seu pai, ten o soño de ter unha bicicleta. Un día atopa unha bicicleta, pero fáltalle unha roda.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 15´

01

DE QUE SE RÍEN LAS HIENAS (De que rin as hienas)
ANO DE PRODUCIÓN: 2011
NACIONALIDADE: Galicia / España
DIRECCIÓN: Javier Veiga
REPARTO: Javier Veiga, Toni Acosta, Carlos Hipólito, Chiqui Fernández, Millán Salcedo, Beatriz Ayuso.
SINOPSE: Esta podería ser a típica historia de mozo coñece moza. Pero moza e mozo achéganse a unha idade complicada e asáltalles unha dúbida existencial: ¿de que rin as hienas?
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 24'


01

DÚAS LETRAS
ANO DE PRODUCIÓN: 2011
NACIONALIDADE: Galicia / España
DIRECCIÓN: Eloy Varela
REPARTO: Teresa Fraga, Fina Casalderey, Mariano García, Claudina Casalderey, Celso Casalderey, Bernardo García.
SINOPSE: As ausencias, a diglosia lingüística, a emigración, os silencios forzosos,... van tatuando no rostro de Áurea as cicatrices do seu drama persoal. Mentres a esperanza de volver a ver ao seu fillo vai crebando.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 22'


01

EL COITO TE NUBLA (O coito te nubra)
ANO DE PRODUCIÓN: 2011
NACIONALIDADE: Galicia / España
DIRECCIÓN: Eloy Varela
REPARTO: Teresa Fraga, Fina Casalderey, Mariano García, Claudina Casalderey, Celso Casalderey, Bernardo García.
SINOPSE: As ausencias, a diglosia lingüística, a emigración, os silencios forzosos,... van tatuando no rostro de Áurea as cicatrices do seu drama persoal. Mentres a esperanza de volver a ver ao seu fillo vai crebando.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 22'


01

EN LA PRÓXIMA PARADA (Na próxima parada)
ANO DE PRODUCIÓN:2011
NACIONALIDADE: España
DIRECCIÓN: Luís Francisco Pérez
REPARTO: Rafa Ordorika, Teresa Hurtado de Ory.
SINOPSE: Javi desexa ter moza, pero non atopa a rapaza axeitada. Un día atopa unha axenda, e dáse conta de que a súa dona podería ser a muller que está buscando.
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 19'


01

ESTERHAZY
ANO DE PRODUCIÓN: 2009
NACIONALIDADE: Polonia
DIRECCIÓN: Izabela Plicinska
REPARTO: Maciej Stuhr, Maria Peszek, Borys Szyc
SINOPSE: O heroe é o coelliño Esterhazy, da dinastía Esterhazy de Viena, ao que mandan na procura dunha coella enorme e louzá preto do muro de Berlín.
XÉNERO: Aventura (animación).
DURACIÓN: 25'


01

FIXING LUKA (Reparando a Luka)
ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: Reino Unido
DIRECCIÓN: Jessica Ashman
REPARTO:José Ramón Argoitia, Miriam Martín, Aitor Guisasola, Félix Arkarazo
SINOPSE: Lucy cre que o seu irmán Luka está estragado. Lucy cre que habería que arranxalo, pero non do xeito que ela imaxina...
XÉNERO: Fantasía (animación).
DURACIÓN: 11’


01

GARAGOUZ
ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: Arxelia
DIRECCIÓN: Abdenour Zahzah
REPARTO: Farouk Irki, Mahmed Irki, Youcef Abbas, Tahar Benayachi.
SINOPSE: Mokhtar gáñase a vida cos monicreques. Axúdalle o seu fillo Nabil, ao que ensina a profesión. Ao volante dunha vella furgoneta, percorre as poucas escolas esparexidas polo campo alxerino, enfrontándose aos prexuízos e aos obstáculos que lle poñen.
XÉNERO: Road movie.
DURACIÓN: 22'


01

l DON´T FEAL LIKE DANCING (Non teño gañas de bailar)
ANO DE PRODUCIÓN: 2008
NACIONALIDADE: Alemaña
DIRECCIÓN: Joachim Dollhopf & Evi Goldbrunner
REPARTO: Vesela Kazakova, Antonio Wannek, Jakob Bieber, Maximilian Haas.
SINOPSE: Nalgún lugar en zona de combate. Tres novos e destacados soldados tentan divertirse no seu día a día en tempo de guerra. Un deles fíxase nunha moza do lugar. Os compañeiros séguena...
XÉNERO: Drama.
DURACIÓN: 7'


01

KHOROSHO

ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: España
DIRECCIÓN: Miguel Ángel Jimenez.
REPARTO: Beka Kavtaradze, Andro Sarishvili.
SINOPSE: Khorosho é a historia do reencontro de Andro e Beka, dous antigos camaradas do exército que comparten unha chea de malos recordos, moita mala conciencia e montañas e montañas de pitillos.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 20'


01

LE MAILLOT DE CRISTIANO (A camiseta de Cristiano)

ANO DE PRODUCIÓN: 2011
NACIONALIDADE: Bélxica
DIRECCIÓN: Vincent Bruno
REPARTO: Fabrizio Rongione, Cléry Khedhir, Jérôme d'Orjo, Toni d'Antonio
SINOPSE: Tom e Ptit Lu, dous rapaces, soñan con mercar a camiseta do seu ídolo: Cristiano Ronaldo.
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 16'


01

LE PIANO (O Piano)

ANO DE PRODUCIÓN: 2011
NACIONALIDADE: Armenia/Francia
DIRECCIÓN: Lévon Minasiah
REPARTO: Yervand Manaryan, Gerald Papasian, Apolline Petrossian
SINOPSE: 13 anos despois do terremoto de Armenia. Un piano se lle concede a unha talentosa nena orfa que vive co seu avó. Sen embargo, a casa onde vive é demasiado pequena para meter un piano.
XÉNERO: Comedia.
DURACIÓN: 26’


01

MORIR CADA DÍA (Morrer cada día)

ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: España
DIRECCIÓN: Aitor Echeverría
REPARTO: Andrea Trepat, Joaquín Climent, Paula Vives, Blanca Apilánez, Txema Blasco.
SINOPSE: Blanca non está disposta a deixar cear tranquila a súa familia. A conversa lle aburre e as bromas de sempre a irritan. Sabe que todo podería ser diferente.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 13'


01

NENA

ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: Arxentina
DIRECCIÓN: María Florencia Álvarez
REPARTO: Valentina Cottet, Guillermo Pesoa, Raquel Albeniz
SINOPSE: Nena ten 13 anos. Fíxose alta dun día para o outro e o seu corpo volveuse torpe. Pasa as tardes na praza. Acubíllase na súa actitude pero non logra escapar á hostilidade do mundo, que cae sobre unha meniña soa, cada tarde.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 15'


01

NOT SCARED (Sen medo)

ANO DE PRODUCIÓN: 2009
NACIONALIDADE: Ucraína
DIRECCIÓN: Kateryna Naumenko
REPARTO: Kondrashin Aleksandr, Kondrashina Oksana.
SINOPSE: Dous irmáns soñan con ter unha motocicleta. Esfórzanse moito por conseguila montando un pequeno negocio, pero o único que reciben son burlas dos seus amigos. Un día coñecen a Valera, quen lles convida a un campionato de motocrós. Durante o mesmo, acontece un terrible accidente e os mozos vense obrigados a madurar de súpeto.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 13'


01

PIZZANGRILLO

ANO DE PRODUCIÓN: 2011
NACIONALIDADE: Italia
DIRECCIÓN: Marco Gianfreda
REPARTO: Toni Bertorelli, Simone Pellegrino, Alessio Spagnoli, Daniele Faraoni.
SINOPSE: Canso de vivir, Ettore (65 anos), tenta cada día atopar a coraxe para tirarse o canal co seu vello motocarro. Cando o seu neto Luca (10 anos) descubre o seu propósito, decide seguilo en segredo.
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 15'


01

REISE OHNE RÜCKKEHR (Viaxe sen retorno)

ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: Turquía/Alemaña
DIRECCIÓN: Güclü Yaman
REPARTO: Aljoscha Zinflou.
SINOPSE:Aamir quería informar á policía que a súa chaqueta foi roubada. Pero todo é diferente ó que imaxinaba. A súa viaxe comezou.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 25'


01

SEPPI & HIAS

ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: Alemaña
DIRECCIÓN: Emre Koca
REPARTO: Can Schneider, Thomas Schöttl
SINOPSE: Dous pequenos trastes, Seppi, un neno turco de 9 anos e o seu mellor amigo, Hias, da mesma idade, divírtense facendo bromas á xente dun pequeno e altivo pobo bávaro. "Seppi & Hias": unha amizade que cruza os límites culturais e relixiosos.
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 30'


01

SILENT RIVER (Río silencioso)

ANO DE PRODUCIÓN: 2011
NACIONALIDADE: Alemaña/Romanía
DIRECCIÓN: Anca Miruna Lazarescu
REPARTO: Cuzin Toma, Andi Vasluianu, Patricia Moga, Marius Ursu.
SINOPSE: Romania, 1986: Gregor e Vali queren escaparse. Ambos se necesitan o un ao outro, aínda que hai unha desconfianza mutua. Unha noite Gregor atopa a confirmación ás súas dúbidas. Ao final a única esperanza é fuxir.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 30'


01

STRIPBURGER V GIBANJU

ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: Eslovenia
DIRECCIÓN: Boris Dolenc
REPARTO: Jernej Sugman, Nina Ivanisin, Ana Facchini, Marjan Sarec, Boris Dolenc.
SINOPSE: Stripburger é orixinalmente un cómic. A película está baseada en oito dos cómics publicados. Esta é a oportunidade perfecta para por os cómics en movemento, xa que Stripburger celebra o seu 18 aniversario.
XÉNERO: Comedia (animación)
DURACIÓN: 15'


01

TABU (Tabú)

ANO DE PRODUCIÓN: 2008
NACIONALIDADE: Bélxica
DIRECCIÓN: Vincent Coen & Jean-Julien Collette
REPARTO: Tony Denman, Sandrine André, Warre Borgmans, Angela Muto.
SINOPSE: Unha parella de americanos leva ó seu fillo a Bélxica para que coñeza a súas raíces.Pero cando Julián atopa o gran amor, a meta da viaxe se cumpre dunha maneira moi sorprendente.
XÉNERO: Comedia/Drama
DURACIÓN: 24'


01

THEY SAY (Din)

ANO DE PRODUCIÓN: 2011
NACIONALIDADE: España
DIRECCIÓN: Alauda Ruiz de Azúa
REPARTO: Brandon Carlino, Kayla Brown, Kensey Olsen, Carlton Burns
SINOPSE: Non todo o que acontece nun patio de colexio é un xogo.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 18’


01

TRES RAZONES (Tres razóns)

ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: España
DIRECCIÓN: Enrique García
REPARTO: Chico García, Virginia de Morata, Héctor Medina, Virginia Muñoz.
SINOPSE: Antonio debe cumprir unha pena de 18 meses en prisión. Alí, persoas coas que aparentemente non comparte nada, marcarán o seu día a día.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 29'


01

WAGs_WIVES AND GIRLFRIENDS (Wags, esposas e noivas)

ANO DE PRODUCIÓN: 2009
NACIONALIDADE: Alemaña
DIRECCIÓN: Evi Goldbrunner & Joachim Dollhopf
REPARTO: Vesela Kazakova, Sonja Gerhardt
SINOPSE: Dina e Judith son dúas novas "WAGs" do club de fútbol de Berlín. Os sábados ven aos seus mozos xogar ao fútbol, pero ademais diso, non teñen máis nada que facer. Mentres Dina pérdese na abundancia de tantos anos vivindo a súa vida de "WAG", Judith é nova nese mundo.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 30'


01

WIE IMMER (Coma sempre)

ANO DE PRODUCIÓN: 2010
NACIONALIDADE: Alemaña
DIRECCIÓN: Zubin Sethna
REPARTO: Friederike Frerichs, Johanna Gastorf.
SINOPSE: Unha anciá conserva a súa cita de fin de semana na barbería. Xunto a ela, leva o seu amigable espírito e a súa bolsa de lixo.
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 6'

Estes son os participantes das edicións anteriores:


Participantes FiCBUEU2010

"Tapien Rim Klong" Nottapon Boonprakob
"Laufende Geschäfte" Falk Schuster
"Dreaming A Whole Life" Francisco Javier Ara Santos
"Yanindara" Lluis Quilez
"Weightless" Oliver Kracht
"Stanka Se Pribira Vkashti" Maya Vitkova
"Rita" Fabio Grassadonia, Antonio Piazza
"Kain" Kristof Hoornaert
"Cannon Beach. La Playa De Berlín" Manuel Calvo
"Life In A Minute" Pedro Collantes
"Los Minutos, Las Horas" Janaira Marques Ribeiro
"Pablo" Nely Reguera
"La Historia De Siempre" José Luis Montesinos
"Una Caja De Botones" Marta Reyes Arias
"El Monstruo" Rafael Antonaccio
"March Rhapsody" Chao Koi Wang
"Eggbaby" Nadine Truong
"El Orden De Las Cosas" César Esteban Alenda, José Esteban Alenda
"La Sombra Del Bambú" Francisco Antonio Peinado Gaitán
"Encuentro" Nick Igea
"Lo Siento, Te Quiero" Leticia Dolera
"I Wish" Martin Rosete
"Las 5 Muertes De Ibrahim Gonsález" Pablo Aragüés
"O Soldadiño De Chumbo" Virginia Curiá E Tomás Conde
"Noturnio De Celanova" Raúl García


Participantes FiCBUEU2009

“Chocolate chips” Álvaro Pérez De Madrid
“Die schneider krankheit” Javier Chillon
“Dk” Aaron Selmi
“È finita la commedia” Jean-julien Collette, Olivier Tollet
“El encargado” Sergio Barrejón
“El misterio del pez” Giovanni Maccelli
“El tiempo prestado” David González
“El viaje al paraíso” Juanan Martínez
“Enemigos” David Del Águila
“Foto” Andrés Salaberri
“Homeland” Juan De Dios Marfil
“La carrera” Alam Raja
“Les doigts de pied” Laurent Denis
“Love” Biel Mauri
“Manual práctico del amigo imaginario” Ciro Altabás
“Miente” Isabel De Ocampo
“Ona” Pau Camarasa
“O pintor de ceos ” Jorge Morais
“Por la mañana” Toño Chouza
“Reacción” David Victori
“Runners” Marc Reixach
“The end” Eduardo Chapero-Jackson
“Today is sunday” Isaac Berrokal
“Túneles en el río” Igor Galuk
“Ya no voy a hablar más” Hugo Sanz


Participantes FiCBUEU2008

“5 días de septiembre” Fran Araújo, Manuel Burque
“Barbara Broadcast” Jean-Julien Collette, Olivier Mollet
“Cores” Jairo Iglesias
“El anónimo Caronte” Toni Bestard
“El ataque de los robots de nebulosa-5” Chema García Ibarra
“El canto del grillo” Dany Campos
“Elena” Juan Cortés
“Empty spaces” Felix Vidal
“For(r)est in the des(s)ert” Luiso Berdejo
“Horóscopo” Miguel A. Carmona
“Jingle Bells” David Casademunt
“La pesca perfecta” Alfredo Ruiz
“Las gafas” Alberto García Martín
”Leo” Fernando Cortizo
“Liquidación total” David Macián
”Madrid-Moscú” Javier San Román
“Machu Picchu” Harem Khraiche Ruiz Zorrilla
”Mensajes de voz” Fernando Franco
“Mofetas” Inés Enciso
”Niños que nunca existieron” David Valero
“No es una buena idea” Ugo Sanz
”Roberto Santini” Jean-Julien Collette, Olivier Mollet
“Salvar el mundo (Save the World)” David Casals-Roma
”Villa Olvidada” Miguel López, Elena Najar


PARTICIPANTES - OS XOGADORES

 

galeríaAS FOTOGRAFÍAS


FiCBUEU 2011

 

FiCBUEU 2010


FiCBUEU 2009


FiCBUEU 2008


GALERÍA - AS FOTOGRAFÍAS

 

contactoE INSTRUCIÓNS DE COMO CHEGAR


Para calquera consulta ou dúbida podes porte en contacto connosco no seguinte enderezo, intentaremos responderte no menor tempo posible.

Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Melodía Visual.
Plaza Massó, Bajo Comercial Melodía Visual.
36930. Bueu (Pontevedra).
Email:    info@ficbueu.com   -  info@melodiavisual.com
Teléfono: 669 830 773


CONTACTO - E INSTRUCIÓNS DE COMO chEGAR

 

patrocinadoresE COLABORADORES


ORGANIZACIÓN

concello


PRODUCIÓN

melodia

PATROCINADOR

fundacion novas

COLABORADORES

leallacaixa

fiorentinaincamar

quintelaaturuxo

eugenioblancoo farol

naromggp

nodosachiringo


labranza


PATROCINADORES - E COLABORADORES