DEBUXANDO COA LUZ LUIS DAVILA -
SÁBADO 9, 23:59H
CENTRO SOCIAL DO MAR

Da man do ilustrador Luis Davila, o exterior do Centro Social do Mar encherase esa noite de luz e cor a través dunha rechamante proposta de arte urbana, patrocinada por R. Un espectáculo dinámico no que o creador de O Bichero ilustrará e animará en vivo, e proxectará as súas creacións na fachada exterior do edificio, ao son dun concerto de bandas sonoras ofrecido pola Banda de Música Artística de Bueu.

Luis Davila é un deseñador gráfico, ilustrador e viñetista. Estudou na Escola de Artes e Oficios Artísticos Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo realizando infografías, ilustracións e deseño de páxinas interiores para pasar logo a facer O Bichero, unha viñeta diaria no xornal que lle outorgará gran notoriedade e un gran número de seguidores. Ten autoeditados seis volumes de O Bichero onde se compilan os seus mellores debuxos cómicos. Canda o actor Carlos Blanco protagoniza os espectáculos Menú do Día e Menú da Noite, onde conxugan o monologo humorístico co humor gráfico e a animación ao vivo.