FIC SOLIDARIO PREMIOS ESCOLARES -
DOMINGO 10, 11:00 H
CENTRO SOCIAL DO MAR

cineperu

Sesión dedicada ao visionado e recoñecemento do esforzo e bo traballo en materia audiovisual que se está a facer dende os centros de ensino. En primeiro lugar, proxectaranse as curtametraxes finalistas das categorías Mellor curtametraxe de escolas e facultades, Mellor curtametraxe de ensino secundario e Mellor curtametraxe de educación especial, infantil e primaria, para posteriormente realizar a entrega dos premios.

A actividade ten un marcado carácter solidario, xa que as e os asistentes que o desexen poderán facer unha achega voluntaria ao acceder á sala, sen establecer ningunha cota. A recadación destinarase integramente a La Combi-Arte Rodante, unha plataforma cultural peruana que achega o mundo do cinema a diferentes poboacións desfavorecidas de América Latina, organizando talleres audiovisuais para mozos, proxeccións ao aire libre ou festivais pola liberdade de expresión.