Ruta das Tapas 5 Estrelas Pinchos cun sabor de cine -
Do 8 ao 17 de setembro
Diversos establecementos

A Concellaría de Promoción Económica organiza en colaboración co FICBUEU a segunda edición da Ruta das Tapas 5 Estrelas, que se desenvolverá entre o venres 8 e o domingo 17 de setembro coincidindo coa celebración do festival. Un total de 16 locais da vila participan desta iniciativa denominando o pincho creado para a ocasión cun nome relacionado co mundo do cine.

LOCAL TAPA
A esmorga A viaxe de Chihiro
Cafetería Centro Social O que de verdade importa
Chilau* Entre copas
El reloj A sereíña
La Perfecta Apocalypto
Mixtura Entre bateas
Noite Tapas Ao final dos sentidos
O Farol O Gran Hotel Budapest
O Pazo Memorias dunha gheisa
Casa Quintela* Children of the corn
Rosalinda Mustang
A Cepa Los gozos y las sombras
Aturuxo BOK Arrebato
A Centoleira Allien. O oitavo pasaxeiro
Tapería Auri Delicatessen
4 de Mayo A contratempo

Os petiscos teñen un prezo de 2 euros e o horario para degustalos será de 12 a 13.30 horas e de 20 a 22 horas. Os establecementos sinalados con * teñen horario expandido ata peche de cociña.

Como novidade, será un xurado composto por directoras, directores, actrices e actores internacionais, convidados ao FICBUEU 2017, quen outorgue o Premio á Mellor Tapa. Pola súa banda, a clientela terá a posibilidade de gañar unha cea para dúas persoas. Para entrar no sorteo, deberán facerse co cupón con cinco estrelas, dispoñible en calquera dos locais, e selar cada unha delas nun local distinto, ao ir degustando as diferentes propostas. Ambos os dous premios se entregarán na festa de clausura.