ANDRÉ MARQUES

Sección dedicada ao recoñecemento da traxectoria dun director de curtametraxes, onde proxectaremos algúns dos seus traballos máis representativos.

Este ano presentamos o realizador portugués André Marques, multipremiado guionista e realizador, quen tamén participa como membro do xurado na presente edición do festival.

André Marques (1984, Setúbal, Portugal) estudou cinema na Escola Superior de Teatro e Cinema de Lisboa. O seu traballo tense multiplicado en varias vertentes (ficción, experimental, documental), con filmes e proxectos seleccionados en festivais de renome internacional coma o Festival de Berlín, Biennale de Venecia, Palm Springs, Leeds, Curtas Vila do Conde, Gijón, Doclisboa, entre outros. Recentemente foi seleccionado para o programa Berlinale Talents 2016 e é un dos realizadores convidados para o Lebanon Factory da Quinzaine des Réalisateurs, coa realización dunha curtametraxe con estrea oficial no Festival de Cannes en 2017.

Sábado 10, 18h
O LAGO o lago André Marques 2008 / Portugal – Romanía Drama / 32 min - Chandra Malatitch, Pablo Malter, Miguel Borges, Rui Xavier, Adriana Bolito

Dous amigos embárcanse nunha viaxe a través do lago, a través deles mesmos.
[+12]

LUMINITA luminita André Marques 2013 / Portugal - Romanía Drama / 20 min - Dragos Bucur, Damian Oancea, Constantin Cojocaru, Dorina Lazar, Emilia Dobrin, Ion Haiduc

Dous irmáns, que non se falaron en anos, reúnense no funeral da súa nai. Estes teñen que facer fronte á súa familia de loito, ás súas obrigas como fillos e aos seus propios sentimentos de perda.
[+12]

YULYA Yulya André Marques 2015 / Portugal Drama - Thriller / 21 min - Joana de Verona, Damian Victor Oancea, Miguel Borges, João Saboga, Lucília Raimundo, Mafalda Lencastre, Diana de SousaBolito

‘Yulya’ é unha película que, sen ter diálogos, desenvólvese como un movemento exploratorio e sensorial que segue a viaxe emocional de Yulya, unha moza fráxil e preciosa.
[+12]


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba