SÁBADO 9, 18:00H
MADAM BLACK SEÑORA BLACK Ivan Barge 2015 / Nova Zelandia / 12 min -

Cando un fotógrafo de moda atropela a mascota dunha nena, este vese na obriga de inventar unha historia sobre a súa desaparición.

LA HISTORIA DE SIEMPRE A HISTORIA DE SEMPRE José Luis Montesinos 2009 / ESPAÑA / 11 MIN -

Un home fai todo o que está na súa man para recuperar a súa muller e, así, resolver a súa crise.

PENNY DREADFUL Shane Atkinson 2012 / EEUU / 18 MIN -

Un ladrón novato involúcrase nunha trama de rescate e remata secuestrando a rapaza equivocada.

EL CORREDOR O CORREDOR José Luis Montesinos 2014 / ESPAÑA / 12 MIN -

Hai cinco anos que o xefe pechou a empresa e despediu a trescentos traballadores. O primeiro día que sae a correr, atópase cun deles.

MEU AMIGO NIETZCHE MEU AMIGO NIETZCHE Faustón da Silva 2013 / BRASIL / 15 MIN -

O encontro fortuíto entre Nietzsche e Lucas é o comezo dunha violenta revolución na súa mente, na súa familia e na sociedade. Ao final xa non será un neno, senón dinamita.

SUIKER AZUCRE Jeroen Annokkeé 2010 / PAÍSES BAIXOS / 8 MIN -

A veciña de embaixo, Klaasje, moi lixeira de roupa, chama á porta de Bert para pedirlle unha cunca de azucre. A situación é a típica que pode ter un desenlace sexual. Cando ela deixa caer a cunca e os dous intentan collela, o destino intervén.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba