Mostra dos traballos de animación máis destacados.

Domingo 11, 18h - Xoves 15, 18h
ARAAN Araan Jorge Dayas 2015 / España Drama / 6 min - Animación

Unha nena agarda en casa a chegada do seu pai que está a loitar na fronte. Lonxe de alí, nun bosque nevado un pelotón de paracaidistas enfróntase a un inimigo que lles sorprende con fogo de metralladora e artillaría. Todos caen na emboscada excepto un deles, que resistiu o ataque parapetado entre as árbores.
[+12]

THE ORCHESTRA a orquestra Mikey Hill 2015 / Australia Comedia - Drama / 15 min - Animación

Imaxínate un mundo onde un grupo de diminutos músicos te seguen e tocan a banda sonora da túa vida, comunicando as túas emocións, medos e esperanzas. Nese mundo vive o ancián Vernon, un home solitario cunha terrible timidez que fai que os músicos toquen horrorosamente desafinado.
[TP]

PALM ROT palmeira podre Ryan Gillis 2014 / EEUU Fantástico / 8 min - Animación

Un vello fumigador chamado Bill descobre unha caixa chea de escaravellos estraños nos Everglades de Florida. Coa intención de pescudar a súa misteriosa aparición, Bill leva a caixa no seu aerodeslizador. Mais descobre que os escaravellos teñen os seus propios plans.
[+12]

WE CAN'T LIVE WITHOUT COSMOS non podemos vivir sen cosmos Konstantin Bronzit 2014 / Rusia Drama / 15 min - Animación

Dous cosmonautas, dous amigos, esfórzanse ao máximo cada día e adestran para facer realidade o seu soño, mais esta historia non trata simplemente dun soño.
[TP]

ISLANDER'S REST calma na illa Claudius Gentinetta, Frank Braun 2015 / Suíza Drama / 18 min - Animación

É un melodrama agridoce sobre a perda da inocencia e a nostalxia reprimida.
[+12]

IN THE DISTANCE na distancia Florian Grolig 2015 / Alemaña Drama - Bélico / 8 min - Animación

Un lugar tranquilo e pacífico, alén das nubes, é espreitado polo caos.
[+12]

DISSONANCE disonancia Till Nowak 2015 / Alemaña Fantástico / 17 min - Animación - Roland Schupp, Hannah Heine, Nina Petri

Un xenio da música leva unha vida solitaria. Toca o piano todos os días nunha xigantesca sala de concertos, mais non hai ninguén que o escoite. El só ten un desexo: tocar para a súa filla.
[+7]


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba