ESCOLAS, COLEXIOS E INSTITUTOS BASES -

O 11º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, organizado pola Asociación Cultural FICBUEU, celebrarase do 7 ao 15  de setembro de 2018 na localidade de Bueu. O evento ten como obxectivo a promoción das mellores curtametraxes realizadas no último ano no ámbito internacional, promovendo aos novos valores e prestando especial atención aos futuros cineastas galegos. Coa finalidade de pór en valor o gran traballo que se está a realizar nos centros de ensino galegos no eido audiovisual; o FICBUEU crea dentro do festival a Sección Escolas Galegas.

 

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS TÉCNICAS

A participación está aberta a todas as obras audiovisuais realizadas durante o curso escolar 2016/2017 e 2017/2018 que non teñan participado no certame en pasadas edicións. Poderán concorrer todos os centros de ensino e escolas de formación audiovisual con sede na comunidade galega.

A temática das obras será libre e a duración máxima será:

  • 10 minutos (títulos de crédito incluídos) para as curtametraxes das categorías de Educación infantil, especial, primaria e secundaria.
  • 15 minutos (títulos de crédito incluídos) para as curtametraxes das escolas de formación profesional e facultades.

Cada escola participante poderá presentar tantas obras como desexe.

A curtametraxe poderá estar rodada en calquera formato, sendo a única esixencia o posuír unha copia dixital para a súa proxección.

 

INSCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO DO FESTIVAL

O proceso de inscrición das curtametraxes farase cumplimentando o formulario que se atopa na páxina web do festival na seguinte ligazón: http://www.ficbueu.com/inscricion-centros/

As curtametraxes deberán enviarse en formato dixital, para a súa descarga, á nosa dirección de correo electrónico producion2@ficbueu.com. Os envíos poden facerse a  través de wetransfer, dropbox ou calquera outra plataforma de intercambio de arquivos.

As obras poderán enviarse ata o 15 de xuño de 2018 ás 14:00h hora local.

O material enviado terá consideración de material privado e só será accesible pola organización do festival e os seus colaboradores. Os participantes autorizan á organización do festival o uso do devandito material para a súa difusión en calquera medio de comunicación co fin de promover o certame. Así mesmo o Festival poderá utilizar os fotogramas das obras presentadas en prensa e outros medios de comunicación, así como para a elaboración dos seus materiais impresos.

De entre todas as curtametraxes recibidas serán seleccionadas as curtametraxes que competirán na Sección Escolas galegas.

As obras seleccionadas como finalistas proxectaranse o sábado 15 de setembro no transcurso da gala de entrega de premios, onde se darán a coñecer as curtametraxes gañadoras en cada catergoría e se entregarán os galardóns correspondentes.

A cada unha das obras seleccionadas comunicaráselle a súa participación vía e-mail o 20 de xuño de 2018.

 

XURADO

A Asociación FICBUEU designará ás persoas do Comité de Selección, elixidas entre especialistas da contorna cinematográfica vinculadas ao Festival así coma aos membros do xurado.

O xurado da Sección Escolas Galegas no FICBUEU 2018 estará composto polo actor David Novas, o realizador Román Santiago e unha integrante do equipo de organización do festival audiovisual escolar Olloboi, Susana Diz.

O xurado terá liberdade para entregar un premio exaequo. Nese caso a contía repartirase ao 50%.

 

PREMIOS
Establécense as seguintes categorías e premios:

  • Mellor Curtametraxe de escola: Medallón + 250€
  • Mellor Cutametraxe de ensino secundario: Medallón + 150€
  • Mellor Curtametraxe de educación especial, infantil e primaria: Medallón+ 150€

A dotación económica do premio entregarase exclusivamente á escola/centro formativo propietario da cinta.

 

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.

Para calquera dúbida ou información: 657 62 59 13 ou producion2@ficbueu.com

 

PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, a “LOPD”), infórmase ao PRESENTANTE de que os datos facilitados con motivo da inscrición da curtametraxe no FESTIVAL e calquera outros que en diante achega en conexión coa participación da devandito curtametraxe no FESTIVAL, serán incorporados para o seu tratamento a un ficheiro titularidade da Asociación FICBUEU, debidamente inscrito ante a Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar e publicitar a participación da curtametraxe no FESTIVAL. A entrega de información requirida sobre datos persoais terá o carácter de obrigatoria e a súa falta de subministración ou a subministración de datos incorrectos imposibilitarán que poida xestionarse a participación da curtametraxe no FESTIVAL. Calquera modificación que poida producirse nos datos de carácter persoal facilitados deberá ser posta en coñecemento do responsable do ficheiro por parte do titular dos mesmos, que responderá en todo caso da veracidade e exactitude dos datos fornecidos en cada momento. No caso de que se fornezan datos de terceiros, o PRESENTANTE declara contar co consentimento dos titulares dos mesmos para a citada comunicación de datos. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, o PRESENTANTE e/ou calquera outro interesado pode dirixirse por escrito e nos termos e condicións previstos na LOPD á seguinte dirección postal:

FICBUEU – Montero Ríos 191 1º – 36930 – Bueu (Pontevedra)