Xa que a comedia é un dos xéneros favoritos do público, dedicámoslle una sección propia.

LUNS 11, 18:00H
90 GRAD NORD 90 GRAOS NORTE Detsky Graffam 2015 / ALEMAÑA / 21 MIN -

Un bo alemán sempre agarda nun semáforo en vermello, pero... e se o boneco verde simplemente non dá aparecido? Nesta comedia negra titulada 90 Graos Norte, Karl, un home de negocios que leva unha vida de estrés, vese atrapado nunha endemoniada illeta. Aproxímase entón unha amarga loita pola supervivencia.

THE LAW OF AVERAGES PRINCIPIO DE PROBABILIDADE Elizabeth Rose 2016 / CANADÁ / 14 MIN -

A morte non agarda polas mulleres. Nun campo de Quebec, durante un duro inverno, unha muller e a súa filla adulta esperan a morte da matriarca da familia.

LA VIE SAUVAGE A VIDA SALVAXE Laure Bourdon Zarader 2017 / FRANCIA / 14 MIN -

Arnaud e Nora tiñan un plan perfecto para unha semana perfecta: un paseo por un parque natural, fotos cos animais, sexo, sesta e cea. Porén, a calor abafante, a escaseza de animais e a libido de Nora arruinarán o metódico plan de Arnaud.

JIMBO Rodrigo Zanforlin 2017 / EEUU / 15 MIN -

Jimbo: dezaseis anos, tranquilo e tímido. Pasa a vida á sombra do seu controlador e anárquico pai, “El tigrón”, e da fiel e ilusa amante deste, Lolli. Tras o seu último atraco, Jimbo decide facerse cargo do seu destino e liberarse das fauces do seu pai.

LE PLOMBIER O FONTANEIRO Méryl Fortunat-Rossi, Xavier Séron 2016 / BÉLXICA / 14 MIN -

Tom, un comediante flamengo que se dedicaba á dobraxe de debuxos animados, substitúe de improviso a un compañeiro de profesión. Ao final, acaba no estudio dunha película pornográfica de fala francesa na que, Catherine, unha actriz experimentada, vai ser a súa compañeira. Tom fará de fontaneiro.

OFF APAGADO Thomas Scohy, Kevin Zonnen 2016 / FRANCIA / 3 MIN -

Un home séntese intrigado por un interruptor que descobre tras un armario, e non descansa até achar para que sirve, pero... cal será a consecuencia?


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba