Sección formada polos 25 traballos máis valorados, que serán os que compitan polos premios.

 

LUNS 11, 19:45H E 22:00H
RUAH Flurin Giger 2016 / SUÍZA / 18 min -

Nove personaxes, catro historias, unha situación. Como actuar sabendo que algo grande, algo irreversible, algo do que non podes fuxir nin facer fronte, está a piques de acontecer. Algo máis grande ca calquera cousa que o ser humano experimentara antes.

IL SILENZIO O SILENCIO Ali Asgari, Farnoosh Samadi 2016 / FRANCIA, ITALIA / 15 min -

Fatma e a súa nai son refuxiadas kurdas en Italia. Na súa visita ao médico, Fatma ten que interpretar o que el lle di a súa nai, mais ela fica en silencio.

UN GRAND SILENCE VEO DE SILENCIO Julie Gourdain 2016 / Francia, Bélxica / 30 min -

Ano 1968, Marianne ten 19 anos. Vive nunha casa, lonxe da súa familia e das súas amizades, onde coñece outras rapazas cun segredo que abaneará os cimentos do seu prestixio social.

PA FUERA PARA FÓRA Vica Zagreba 2016 / Francia / 17 min -

Stella e as súas tres fillas están incomunicadas co mundo exterior desde que viven con Corto. Farían calquera cousa por un segundo de liberdade!

DISCO OBU Anand Kishore 2017 / INDIA, SINGAPUR, EEUU / 20 min -

Un xornalista captura un día na vida dun antigo actor, agora condutor de rickshaw. Ao longo do día, a súa relación ponse a proba.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba