Sección formada polos 25 traballos máis valorados, que serán os que compitan polos premios.

 

Mércores 13, 19:45h e 22:00h
VOICEMAIL CAIXA DE VOZ Erec Brehmer 2016 / ALEMAÑA / 30 MIN -

Unha rapaza, Lilly, desapareceu. O ambicioso editor novel, Stefan, ve a súa oportunidade para conseguir unha portada. Mais a nai de Lilly négase a falar coa prensa. Stefan terá que decidir ata onde quere chegar como xornalista. Sen sabelo, desencadeará unha espiral de sucesos que non poderá controlar.

LA PLAGE NA PRAIA Keren Ben Rafael 2016 / FRANCIA / 19 MIN -

A cabeza ao sol, os pés na auga. Ata na praia á xente cústalle relaxarse. O ruído dos seus pensamentos afoga o que está pasando a uns metros de distancia.

ZEEV MEVOYAT LOBO DOMESTICADO Elad Primo 2016 / ISRAEL / 23 MIN -

Un día na aldea, Jacob, un pai solteiro, trata de protexer as súas galiñas de seren asasinadas no curral, sen se percatar de que o seu xenuíno desexo é protexer o galiñeiro coma a vida que creou para legar a súa filla.

SAMEDI SÁBADO Hannibal Mahé 2015 / FRANCIA / 15 MIN -

Manu foxe de Juvie. Fóra, ninguén lle presta atención.

LE MONDE DU PETIT MONDE UN MUNDO ENTEIRO PARA UN MUNDO PEQUENO Fabrice Bracq 2017 / FRANCIA / 15 MIN -

Unha muller cóntalle á súa filla unha fermosa historia, chea de príncipes e princesas, a través da cal revivirá lembranzas que lle deixará de herdanza.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba