Nesta sesión amosaranse os traballos máis destacados que se realizaron en centros de ensino durante o último ano, dende colexios ata universidades. Trátase ademais dunha actividade solidaria coa promoción do cinema en aldeas peruanas, xa que quen o desexe poderá facer unha achega voluntaria para os proxectos da plataforma cultural La Combi. Con esta actividade queremos recoñecer os novos valores do audiovisual galego e animar á comunidade educativa a seguir traballando, ao tempo que apoiamos a quen pon a mesma ilusión na outra beira do Atlántico.

DOMINGO 10, 11:00H
A CHAVE PARA 6000 PRESOS. A VIDA NA ILLA ANTES DE DESPOIS DA PONTE A CHAVE PARA 6000 PRESOS. A VIDA NA ILLA ANTES DE DESPOIS DA PONTE CEIP TORRE-ILLA 2016 / ILLA DE AROUSA / 20 min - Alumnado de 4º de educación primaria

Documental sobre a importancia da construción da ponte que une a Illa de Arousa co
continente na vida dos seus habitantes. Tras trinta anos desde a inauguración... cales foron os principais cambios? Como era a vida na Illa antes? Cuestións abordadas coa colaboración dalgunhas das persoas implicadas na consecución da construción da ponte coma o por entón alcalde de Vilanova de Arousa, Sito Vázquez.

AINDA QUE SEXA UN SOÑO AINDA QUE SEXA UN SOÑO IES AS BARXAS 2017 / Moaña / 6 min - Alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato

Unha historia de amor adolescente

ASTRAL Jorge Fernández 2017 / PONTEVEDRA / 7 MIN - Cristina Lago, Iván Castro

Cando remata o día, Clara e Fran emprenden unha viaxe na que percorrerán espazos comúns, cruzando as súas vidas ata que abran os ollos.

COUSAS DE VELLOS COUSAS DE VELLOS IES TERRA DE TRASANCOS 2016 / FERROL / 3 MIN - Alumnado 1º de Bacharelato

Moitas veces non facemos caso á sabiduría dos nosos maiores.

EN LIÑA EN LIÑA IES DE CACHEIRAS 2016 / TEO / 3 MIN - Alumnado 1º de Bacharelato

Nun ambiente estraño as persoas parecen comunicarse de formas distintas.

O COLE QUE QUEREMOS O COLE QUE QUEREMOS CEIP DO CARBALLAL 2017 / MARÍN / 4 MIN - Alumnado de 4º de educación primaria

Videoclip orixinal en galego no que a rapazada reivindica con moita retranca melloras para o colexio.

O EXPERIMENTO XUNQUEIRA O EXPERIMENTO XUNQUEIRA CEIP DE REIBÓN 2017 / MOAÑA / 4 min - Alumnado de 3º de educación primaria

Un accidente durante a realización dun experimento nun laboratorio do colexio de Reibón fai que o esquelete que alí habita cobre vida.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba