Escolma de traballos feitos en España, ou por directores españois, nos últimos dous anos.

 

Domingo 10, 22:00h
23 DE MAYO 23 DE MAIO David Martín de los Santos 2016 / ESPAÑA / 16 min -

As voces de dúas mulleres tornan os vestixios dunha casa e rescatan a memoria dos que viviron alí.

RENOVABLE RENOVABLE Jon Garaño, Jose Mari Goenaga 2016 / ESPAÑA / 13 MIN -

Anos despois da súa ruptura, Tania e Josean reencóntranse nun congreso de enerxías renovables. Ela ten moito que contarlle…

PETRONA Hammudi Al-Rahmoun 2016 / ESPAÑA / 16 MIN -

Petrona é a historia dunha heroína cotiá nun país onde ser muller, indíxena e rural, condénate irremediablemente á pobreza e á exclusión social.

LA DISCO RESPLANDECE A DISCOTECA BRILLA Chema García Ibarra 2016 / ESPAÑA, TURQUÍA / 12 MIN -

Anoitece e a sombra da montaña cae sobre a cidade. É sábado, case verán. Cinco amigos están a argallar unha noite de troula. Son novos, teñen alcohol, un coche e música.

EL VESTIDO O VESTIDO Javier Marco 2017 / ESPAÑA / 13 MIN -

Cada día, no seu camiño ao traballo, a nai de Sara mira un vestido nun escaparate.

TIMECODE CÓDIGO DE TEMPO Juanjo Giménez 2016 / ESPAÑA / 15 MIN -

Luna e Diego son os gardas de seguridade do aparcadoiro. Diego fai o turno de noite e Luna traballa de día.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba