FICBUEU Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu -

cabeceras (3) (1)

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto. A crecente creatividade detectada en Galicia, en Europa e no resto do mundo, non se correspondía coa limitada oferta da nosa contorna, copada polas producións comerciais, as grandes distribuidoras e os países desenvolvidos. O FICBUEU chega para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público.

En 2018, o Festival celebrará a súa undécima edición cunha intensa e coidada programación.  O Centro Social do Mar acollerá un cento de proxeccións entre o 7 e o 15 de setembro, pero tamén haberá múltiples actividades paralelas das que gozar. Sen dúbida, un plan perfecto para despedir o verán.