Escolma de traballos feitos en Galicia, ou por galegos, nos últimos dous anos.

SÁBADO 9, ÁS 22:00H
LEMBRANZA LEMBRANZA Al Díaz 2017 / ESPAÑA / 22 MIN -

Percorre comigo unha viaxe ao pasado a través dos meus recordos...

NÉBOA NÉBOA Claudia Costafreda 2017 / ESPAÑA / 18 MIN -

Telma decide viaxar a Galicia coa intención de devolver a Desiderio, o can que herdou tras o recente falecemento do seu pai.

DECORADO DECORADO Alberto Vázquez 2016 / ESPAÑA, FRANCIA / 11 MIN -

O mundo é un escenario marabilloso, pero ten un reparto pésimo.

DEAR TOM QUERIDO TOM David Tembleque 2015 / ESPAÑA / 3 MIN -

Ás veces o destino é coma unha tempestade de area que cambia de dirección e crea liñas paralelas que poden chegar a cruzarse algún día. Podes parar tan só un momento que, cando te decatas, xa marchou.
Fai un ano coñecín unha rapaza. Saímos durante uns meses e gravei os nosos momentos privados. Un día espertei e ela xa marchara. Deixou unha mensaxe de voz no meu teléfono. A moza da película é tamén a narradora. Non hai actores nin orzamento. Foi gravada cunha cámara pequena coma a palma dunha man e con moito amor. O que ves é a nosa historia real.

AS VACAS DE WISCONSIN AS VACAS DE WISCONSIN Sara Traba 2016 / ESPAÑA / 16 MIN -

Señora e Vaca son amigas. Vaca xa non dá leite porque é moi vella, coma Señora. Señora descobre que en Wisconsin as vacas que escoitan música sinfónica dan máis leite. Por que non vai acontecer o mesmo coa súa amiga?

EINSTEIN-ROSEN Olga Osorio 2017 / ESPAÑA / 9 MIN -

Verán do 82. Teo asegura que topou un buraco de verme. O seu irmán, Óscar, non lle cre. Polo menos, non polo de agora.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba