Selección de obras de produción latinoamericana.

MÉRCORES 13, 18:00H
I'M NOT FROM HERE EU NON SON DE AQUÍ Maite Alberdi, Giedre Zickyte 2016 / Chile, Lituania, Dinamarca / 26 min -

Josebe, unha muller vasca de 80 anos, vive con outros anciáns nunha residencia en Santiago de Chile. Cada día cre que é o seu primeiro día aí, e cada día ten que decatarse de que non o é, así como de que xa non está no seu país coa súa familia.

MADRE NAI Simón Mesa Soto 2016 / COLOMBIA, SUECIA / 14 min -

Andrea, de dezaseis anos, deixa o seu barrio nos altos de Medellín e diríxese cara o centro para asistir ao casting dun filme porno.

THE END OF TIME O FIN DO TEMPO Milcho Manchevski 2017 / CUBA, EEUU / 5 MIN -

O fin do tempo céntrase nese momento, dun martes coma calquera outro, no que te decatas de que o tempo está parado e de que o universo foi absorbido por un simple gran de arroz.

SOFÍA Anabel Caso 2017 / MÉXICO / 11 MIN -

O encontro erótico de Sofía cun descoñecido nunha gasolineira no medio da nada marcará o fin da súa inocencia e o inicio da súa puberdade.

DEUSA DEUSA Bruna Callegari 2016 / BRASIL / 18 MIN -

Deusa traballa nun peaxe na illa na que vive. Afeita a ver o movemento das persoas, nunca lle dera por pensar no seu propio destino. Cando aparece unha balea na praia, Deusa comeza a sentirse diferente

DOBRO VALE Marta Hernaiz Pidal 2017 / México, Bosnia e Hercegovina / 15 MIN -

Mira, unha muller de orixe xitana, decide sentarse a descansar fronte á entrada principal do apartamento de Selma. Ao notar a súa presenza, Selma amólase e decide intentalo todo até botar a Mira de alí. Esta négase rotundamente e limítase a contestar coa palabra “vale”. Ámbalas dúas mulleres comezarán entón unha loita sen fin que só poderá rematar ben.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba