Proxección pechada a centros de ensino.

PANORAMA 1: Sábado 10, 20h - Luns 12, 18h
LILOU Rawan Rahim 2015 / LIBANO, FRANCIA / 8 MIN -

Lilou é moi sensible e curiosa, pero tamén apoucada pola súa gran timidez. Cando recibe o poder de ver o pasado das persoas, terá que saír da súa introversión.

BIG BOOOM Marat Narimanov 2016 / Rusia / 4 MIN -

A historia da humanidade e do noso planeta en catro minutos. Unha mensaxe de respecto polo medio ambiente que o ten todo: humor, acción e drama.

THE MOON IS ESSENTIALY GRAY A LÚA É ESENCIALMENTE GRIS Hannah Roman 2016 / EEUU / 4 MIN -

Unha curta de tres minutos sobre unha rapaza, a súa aeronave improvisada e a súa fantástica viaxe á lúa. O filme explora o papel que ten a evasión nas vidas dos nenos que sofren certo descoido ou abandono por parte dos seus titores.

LE CHAT DORÉ O GATO DOURADO Nata Moreno 2017 / ESPAÑA / 6 MIN -

Nun vello camarote, un grupo de músicos intenta crear arte baixo a presión dun director mesquiño. Todos xuntarán as súas forzas para poder logralo. Unha curtametraxe en defensa da liberdade creativa e a expresión artística.

THE CLOUD AND THE WHALE A NUBE E A BALEA Alyona Tomilova 2016 / RUSIA / 4 MIN -

Unha conmovedora historia sobre a amizade entre unha nubeciña e unha gran balea.

MIRIAMI KANA UNISTUS O SOÑO DA GALIÑA DE MIRIAM Andres Tenusaar 2016 / Estonia / 5 MIN -

Un día de chuvia, Irmán Pequeno e Pai constrúen un avión de xoguete, mentres que Miriam olla un álbum sobre os países do sur. Galiña soña tamén con voar ao sur, pois ve as bandadas de paxaros indo cara esa dirección. Cando escampa, Nai lévaos a todos ao parque para anciñar as follas caídas.

UKA Valle Comba Canales 2016 / ESPAÑA / 3 MIN -

Uka é unha nena que vive soa nunha fábrica abandonada e gris. Mentres pinta un dos seus cadros, atopa unha maneira de mudar a forma de ver o seu mundo.

SEGUNDITO SEGUNDIÑO Roberto Valle 2016 / ESPAÑA / 2 MIN -

Son as dez da noite. Unha familia séntase na mesa: é a hora de cear.
Roberto Valle

POUR UNE POIGNEE DE GIROLLES POR UNHA MANCHEA DE CANTARELOS Julien Grande 2016 / BÉLXICA / 7 MIN -

Un día épico para un apañador de cogomelos.

OUR WONDERFUL NATURE: THE COMMON CHAMELEON A NOSA MARABILLOSA NATUREZA: O CAMALEÓN COMÚN Tomer Eshed 2016 / ALEMAÑA / 4 MIN -

Esta curta amosa os hábitos de alimentación do camaleón común dunha forma nunca antes vista.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba