CONVOCATORIA XERAL
FICBUEU 2024O 17º Festival Internacional de Cinema de Bueu celebrarase do 7 ao 21 de setembro de 2024 na localidade de Bueu, e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional.
A participación está aberta a todas as obras estreadas a partir do 1 de xaneiro do 2023, podendo concorrer creadoras e creadores de calquera nacionalidade sempre e cando teñan cumprido 18 anos de idade. Poderán presentarse obras de calquera xénero, cunha duración máxima de 30 minutos (títulos de crédito incluídos). Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe. Non serán admitidas as curtametraxes que xa fosen presentadas en edicións anteriores.
CONVOCATORIA ESCOLAS GALEGAS
FICBUEU 2024Co obxectivo de promover os novos valores e prestando especial atención a futuras e futuros cineastas de Galicia, poñendo en valor o gran traballo que se está a realizar nos centros de ensino galegos no eido audiovisual; o FICBUEU crea dentro da súa programación as SECCIÓNS PARA ESCOLAS.