VENRES 15, 18:00H
SENDAS SENDAS Raquel Felgueiras 2016 / PORTUGAL / 5 MIN -

Como escapar e sobrevivir a experiencias traumáticas? Unha muller e dous irmáns dannos dúas narrativas paralelas das súas viaxes emotivas e rexeneradoras.

A FESTA DO NOSSO MENINO SÃO GONÇALINHO A FESTA DO SAN GONÇALINHO Pablo Sant'Ana 2016 / PORTUGAL / 19 MIN -

Francisco van der Poel (2013) fala de “festa”, do latín festa e dies festus, cuxa orixe é a palabra latina feriae (“vacacións”). Conceição Lopes (2015) fala de días de cambio, interrupción na lóxica das actividades e do traballo, de días para o culto e a celebración da vida, así como de espazos de comunicación privilexiada.
Este documental amosa o concepto claro do San Gonçalinho, venerado en Aveiro (Portugal), especificando as diversas fases vividas durante as festividades.

LANDING ATERRAXE Filipe Martins 2016 / PORTUGAL / 16 MIN -

Personaxes metafóricas crúzanse nunha historia contada a través de xestos, corpos e lugares.
A vida, de principio a fin, coma un percorrido interrompido sempre por un conflito: a aterraxe incompleta. Esta non será, ao final, máis que a chegada a un estado de cousas, a unha inmobilidade definitiva. É o eterno conflito entre a éxtase das paixóns e a aspiración oculta á serenidade, ao equilibrio, ao conformismo e á morte.

A FELICIDADE MORA AQUÍ A FELICIDADE MORA AQUÍ Gladys Mariotto 2015 / BRASIL / 15 MIN -

Como unha clase de filosofía sobre a felicidade segundo Aristóteles pode ser entendida en tres escolas diferentes? E se as escolas estivesen en tres continentes distintos? A resposta está nas palabras das nenas e nenos portugueses, brasileiros e africanos.

YOUR TURN TÓCACHE David Rebordão 2017 / PORTUGAL / 11 MIN -

Unha muller desesperada corre polo bosque, aparentemente perseguida por un individuo. No medio da nada, atopa unha casa que semella abandonada e, alí, busca algo ou alguén coa finalidade de calmar a súa aflición. Unha descuberta sorprendente transformará as vítimas en verdugos nun xogo de espellos no que a verdade pode ser, apenas, unha ilusión.

FOI O FIO FOI O FÍO Patrícia Figueiredo 2014 / PORTUGAL / 5 MIN -

Unha muller nobelo, unha anciá que pasa os días mirando pola fiestra e unha vendedora de roupa caída dos tendais están unidas por un fío. As tres conducen as accións de outras personaxes e o inevitable destino dunha muller co marido ás costas.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba