Mostra de traballos internacionais que non entraron a Competición mais que destacaron no proceso de selección.

Martes 12, 18:00 h
THE RIFLE, THE JACKAL, THE WOLF AND THE BOY O RIFLE, O CHACAL, O LOBO E O NENO Oualid Mouaness 2016 / LIBANO / 19 MIN -

Dous irmáns pasan o límite ao utilizaren o rifle do seu pai sen o seu consentimento. Tras isto, desátanse varios sucesos desagradables. Ambientada no Líbano rural contemporáneo, esta parábola adulta pon a proba a confianza na familia, examinando a inherente relación do home coa natureza e a violencia.

GLASPÄRLAN A PERLA DE CRISTAL Tommi Seitajoki 2017 / FINLANDIA / 15 MIN -

Nun suburbio, un rapaz de doce anos recolle latas entre o lixo. Está a buscar algo do que poda sacar algunha recompensa.

JÄÄ XEO Anna Hints 2017 / Estonia / 15 MIN -

Harri é tenente no exército estoniano. Está divorciado e só ve o seu fillo de dez anos nas vacacións do colexio. Para compensar o tempo perdido, decide emprender con el unha aventurada viaxe de inverno a unha illa. Tras perderen o último transbordador, Harri decide coller unha estrada local sobre o mar conxelado. No espeso e nevado deserto, as lembranzas coliden co presente.

CREATURES CRIATURAS Camille Mol 2016 / BÉLXICA / 22 MIN -

Durante o outono, a natureza metamorfoséase e, Louise, de quince anos, desexa máis..

A CASA MIA NA MIÑA CASA Mario Piredda 2016 / ITALIA / 19 MIN -

Lucia e Peppino, dous anciáns, son os derradeiros habitantes dunha pequena vila mariñeira. Ámbolos dous pasan os días desexando que o inverno non remate.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba