O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu ofrece no seu décimo aniversario un completo programa que inclúe a proxección dun cento de curtas e múltiples actividades paralelas. Aquí atoparás o cadro do cronograma, o resumo da programación e o catálogo en pdf para non perder ningún detalle do FICBUEU 2017.

Descarga aquí o catálogo completo.

 

RESUMO DA PROGRAMACIÓN

Sábado 9 – O cinema galego é o protagonista

11:00 h Música de cine: concerto do cuarteto de jazz A Doce Vita, sons de cine.
11:45 h Acto inaugural: presentación do Noticiario Folk e estrea da curtametraxe Megalópole.
13:00 h Sesión vermú: apertura do Punto de Encontro e música en directo no exterior.
18:00 h Proxección Sección 10º Aniversario.
19:45 h Encontro con Antonio Durán ‘Morris’, Premio Cinema Galego FICBUEU 2017 (Museo Massó).
22:00 h Proxección Sección Galicia.
23:30 h Coloquio Sección Galicia cos directores e directoras (Punto de Encontro).
0:00 h Debuxando coa luz. Arte urbana animada a cargo de Luis Davila, con música ao vivo da Banda de Música Artística de Bueu (exteriores Punto de Encontro).

Domingo 10 –Día do cine español e das actividades familiares

11:00 h Fic Solidario: Proxección dos finalistas e entrega de premios ás curtas escolares.
12:00 h Estrea do espectáculo de maxia O cinematómago, Mago Paco (Centro Social do Mar).
17:00 h Proxección Sección Familiar.
18:30 h Contos de película, sesión de contos que foron levados ao cinema (Punto de Encontro).
19:00 h Proxección e posterior análise do filme Vertigo, de Alfred Hitchcock.
22:00 h Proxección Sección España.

Luns 11 / Venres 15 –Sección Oficial e Paralelas

16:30 h Café en El séptimo vicio (programa de radio aberto ao público). Javier Tolentino charlará de luns a xoves cos directores das curtas. Cada día haberá unha banda en directo (Museo Massó).
18:00 h Proxección Sección Paralela.
19:00 h Apertura Punto de Encontro.
19:45 h Primeiro pase Sección Oficial. Á saída, no Punto de Encontro, coloquio cos directores das curtas proxectadas.
22:00 h Segundo pase Sección Oficial. Previamente, ás 21:00 h no Punto de Encontro, presentación das curtas a cargo dos seus directores.

Sábado 16 – Xornada de clausura

12:00 h “Vivindo en serie. A ficción televisiva no mundo no que vivimos”. Análise sobre a auxe das series de televisión e a súa forma de reflectir a actualidade (Museo Massó).
18:00 h Masterclass: “Galicia e Portugal, producir cinema entre os dous lados da fronteira” (Museo Massó).
19:45 h Carne cruda tour en vivo. Actualidade, humor, música en directo e entrevistas ao Premio de Honor do FICBUEU 2017 e demais convidados.
21:30 h Gala de Clausura: entrega de premios e proxección das curtas gañadoras.
23:00 h Festa de Clausura e concerto de Tanxugueiras (Punto de Encontro).

E ademais

Ruta das Tapas 5 estrelas
I Mercado da curtametraxe (Museo Massó)
Obradoiro de curtametraxe
Actividades para as e os cineastas

Volver arriba