Sesión pechada a centros de ensino.

MARTES 12 E MÉRCORES 13, 12:00 H
LILOU Rawan Rahim 2015 / LIBANO, FRANCIA / 8 min -

Lilou é moi sensible e curiosa, pero tamén apoucada pola súa gran timidez. Cando recibe o poder de ver o pasado das persoas, terá que saír da súa introversión.

FRAGOLE AMORODOS Alessandro Sasha Codaglio 2016 / ITALIA / 14 MIN -

A mediados dos anos oitenta atopamos a Giulio, un neno de seis anos, alérxico ós amorodos. Un día a súa nai pillao comendo amorodos en segredo. Para evitar o castigo, Giulio encerrase no baño, iniciando unha guerra de trincheiras. No baño Giulio descobre un mundo novo, composto de cepillos de dentes e galeóns, maquillaxe e cores e un lavabo que se converte no escenario dunha batalla de piratas. Anos máis tarde, Giulio debe aceptar o mesmo proceso de emancipación coa súa filla.

AND THE MOON STANDS STILL E A LÚA MANTENSE QUEDA Yulia Ruditskaya 2017 / ALEMAÑA / 11 MIN -

O luar afecta a todo aquilo que estea ao seu alcance. Este filme, baseado no conto Vidmak (“O meigo”) de Alekséi Tolstói, explora o ciclo da lúa e as enerxías que invoca a súa luz.

BIG BOOOM Marat Narimanov 2016 / RUSIA / 4 MIN -

A historia da humanidade e do noso planeta en catro minutos. Unha mensaxe de respecto polo medio ambiente que o ten todo: humor, acción e drama.

POILUS PELUDOS Guillaume Auberval, Léa Dozoul, Simon Gomez, Timothé Hek, Hugo Lagrange, Antoine Laroye, David Lashcari 2016 / FRANCIA / 5 MIN -

Nas trincheiras francesas reina a calma. Os peludos están a espera de saír ao campo de batalla e, entre eles, atópase a lebre Ferdinand, que está a tocar a harmónica. Reciben un sinal en forma de asubío e comeza o ataque. Porén, será en terra de ninguén onde se encontre por primeira vez co seu principal inimigo: unha criatura arrepiante.

VALLEY OF WHITE BIRDS O VAL DOS PAXAROS BRANCOS Cloud Yang 2017 / CHINA / 15 MIN -

Cada personaxe ten un significado simbólico único neste filme. Na procura do paxaro branco, o protagonista ten que facer fronte aos seu sentimentos de culpa, medo e confusión tras unha viaxe de busca, despois da cal logra, por fin, renacer.

BUS STORY UNHA HISTORIA DE AUTOBÚS Jorge Yúdice 2017 / ESPAÑA / 10 MIN -

Como cada mañá, el atopa a rapaza descoñecida totalmente durmida no bus. Nunca falou con ela, pero sabe onde se baixa. O problema é que hoxe non da espertado e vaise pasar a súa parada. Debería achegarse e acordala?

OUR WONDERFUL NATURE ─ THE COMMON CHAMELEON A NOSA MARABILLOSA NATUREZA: O CAMALEÓN COMÚN Tomer Eshed 2016 / ALEMAÑA / 4 MIN -

Esta curta amosa os hábitos de alimentación do camaleón común dunha forma nunca antes vista.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba