Aberto o prazo para unirse ao equipo de voluntariado do FICBUEU 2021
FICBUEU
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu volve ofertar diversas prazas de voluntariado para as persoas que desexen apoiar a organización e desenvolvemento do FICBUEU 2021. As e os voluntarios terán a oportunidade de cooperar cun equipo profesional e vivir o evento desde dentro, aprendendo da experiencia nunha interesante contorna de traballo. As persoas voluntarias poderán participar en variadas tarefas técnicas e loxísticas, sempre baixo supervisión, estarán aseguradas e contarán cun certificado final pola súa colaboración. O prazo para cubrir o formulario permanecerá aberto ata o 27 de agosto. Máis información en producion1@ficbueu.com.
“Café Derby 21”, “Kinótico”, “El cine de Lo Que Yo te Diga”, “Cine Divergente” e “Saltos de Eje” veñen de publicar os seus capítulos gravados durante a 16ª edición do certame O primeiro dos programas da sección Cinema e Radio, Café Derby 21 fixo un repaso polas curtas da Sección GZ_00, utilizando o tema do […]
Os encontros con cineastas que tiveron lugar logo das sesións de proxección da 16ª edición ponden visualizarse durante todo o ano na Canle FICBUEU de YouTube Coloquio Sección GZ_00 Primeiro coloquio da programación coas directoras e directores Miguel Canalejo, Santi Teijelo, Nacho Ozores, Marta Valverde e Laura e Coral Piñeiro e conducido polo co-director do […]
I O MiniFIC despediuse tamén cun obradoiro de cinema con imaxes debuxadas, un concerto infantil e a proxección de «Curtas en Familia» cunha selección das mellores películas internacionais para todos os públicos BUEU. 23.09.2023. O Festival Internacional de Cinema de BUEU, o FICBUEU, despediu hoxe a súa 16ª edición coa entrega dos premios da Gala […]
O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu proxectará 128 filmes
FICBUEU
O Centro Social do Mar acollerá máis de trinta sesións de cinema do 10 ao 19 de setembro.
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu vén de publicar a selección de obras para a súa 14ª edición, logo de recibir preto de 2.062 propostas e de visionar a maiores centos de filmes suxeridos polo equipo seleccionador. Entre o 10 e o 19 de setembro proxectaranse no Centro Social do Mar un total de 128 títulos procedentes de máis de 30 países, ofrecendo deste xeito unha ampla panorámica do mellor cinema mundial en formato curto.
O principal apartado do certame é a Sección Internacional, que se compón de 24 curtas das que seis están producidas ou coproducidas por Francia, poñendo de relevo a fortaleza da cinematografía gala. Séguenlle Estados Unidos, con catro participacións, e Canadá, con tres, aínda que tamén estarán presentes Asia, África e Latinoamérica. Así mesmo, mantense o número de directoras, pois volvemos atopar unha decena. En canto aos xéneros, destaca o documental, nunha cuarta parte das cintas. Nas temáticas percíbese unha gran variedade, pero segue pesando o cinema social e destaca tamén a busca da identidade: de xénero, relixiosa, etc.
A Sección Experimental amplíase este ano ata os trece títulos, mentres que o apartado Galicia R contará con seis e España con cinco. Os capítulos competitivos péchanse coa Sección Escolas, que reúne un total de 15 filmes entre escolas de cinema internacionais e centros de ensino galegos dos distintos niveis educativos, que terán a súa propia entrega de premios.
En canto aos apartados non competitivos, retómase a Sección Panorama, onde se amosarán dez das mellores curtas que non chegaron a entrar a concurso pero que recibiron unha alta valoración por parte do comité de selección. Haberá tamén unha nova Retrospectiva, centrada desta volta en 25 títulos da National Film Board of Canada (NFB), a maior produtora de carácter público do mundo. O FICBUEU 2021 ofrecerá ademais como novidade unha Carta Branca, sesión comisariada neste caso por Marc Bertrand, que leva máis de dúas décadas producindo cintas de animación na NFB. As seccións paralelas completaranse co Minific, que se divide en curtas familiares, cativas, infantís e xuvenís, as tres últimas para centros escolares.
En total, serán máis de trinta sesións de cine no Centro Social do Mar, onde se garantirán as necesarias medidas de seguridade perante a Covid-19. As proxeccións combinaranse con múltiples actividades como concertos, obradoiros ou charlas, das que iremos dando conta na nova web www.ficbueu.com. O FICBUEU 2021 conta coa colaboración de diversas entidades, entre as que destacan Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e ICAA.
“Café Derby 21”, “Kinótico”, “El cine de Lo Que Yo te Diga”, “Cine Divergente” e “Saltos de Eje” veñen de publicar os seus capítulos gravados durante a 16ª edición do certame O primeiro dos programas da sección Cinema e Radio, Café Derby 21 fixo un repaso polas curtas da Sección GZ_00, utilizando o tema do […]
Os encontros con cineastas que tiveron lugar logo das sesións de proxección da 16ª edición ponden visualizarse durante todo o ano na Canle FICBUEU de YouTube Coloquio Sección GZ_00 Primeiro coloquio da programación coas directoras e directores Miguel Canalejo, Santi Teijelo, Nacho Ozores, Marta Valverde e Laura e Coral Piñeiro e conducido polo co-director do […]
I O MiniFIC despediuse tamén cun obradoiro de cinema con imaxes debuxadas, un concerto infantil e a proxección de «Curtas en Familia» cunha selección das mellores películas internacionais para todos os públicos BUEU. 23.09.2023. O Festival Internacional de Cinema de BUEU, o FICBUEU, despediu hoxe a súa 16ª edición coa entrega dos premios da Gala […]
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Strictly Necessary Cookies
Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.