Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Setembro 2021 • FICBUEU

O filme belga ‘Stephanie’ gaña a Ánfora de Ouro no 14º Festival Internacional de Curtas de Bueu

← Volver

O filme belga ‘Stephanie’ gaña a Ánfora de Ouro no 14º Festival Internacional de Curtas de Bueu

FICBUEU

  • Huntsville Station fíxose coa Ánfora de Prata, Hysterical girl acadou o Premio do Público e Homeless home foi a mellor galega.

O filme belga Stephanie proclamouse a pasada noite gañador do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) ao facerse coa Ánfora de Ouro, dotada con 2.000 euros. O vicealcalde do municipio, Julio Villanueva, foi o encargado de anunciar o galardón, que o director da fita, protagonizada por unha nena ximnasta, agradeceu a través dun vídeo, ao igual que a maioría dos premiados. “A historia de Stephanie é moi pequena e sutil, así que é máis especial saber que atopou o camiño cara os vosos corazóns”, dixo Leonardo van Dijl a través da pantalla.

A Ánfora de Prata, que ascende a 1.000 euros, foi para a estadounidense Huntsville Station, segundo desvelou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen quixo dar “grazas ás mulleres e homes que traballan no cinema por permitirnos pensar, soñar, reflexionar e ser persoas críticas” e recoñeceu ademais a valía da cineasta chilena Carolina Astudillo, presente no estrado en representación do xurado internacional, engadindo que “precisamos moitas mulleres que conten historias”. Jamie Meltzer e Chris Filippone, directores deste documental ambientado nunha estación onde os reclusos que saen dun cárcere próximo viven os seus primeiros momentos de liberdade, salientaron o novo significado que adquiriu a curta por mor da pandemia. “O filme pídelle ao público que se sente nun espazo incómodo e que empatice con quen está atravesando esa experiencia, para crear unha conexión”, concluíron.

Unha das espectadoras incondicionais do FICBUEU, Olalla González, foi a responsable de anunciar o agardado Premio do Público, que recaeu sobre a tamén produción estadounidense Hysterical girl, de Kate Novak, que reexamina desde unha óptica feminista o único caso de estudo de Freud sobre unha paciente muller. O Premio R á mellor curtametraxe galega revelouno Borja González, representante da compañía de telecomunicacións, e recaeu sobre a cinta de animación Homeless home, de Alberto Vázquez. Ambos os dous recoñecementos están dotados con 500 euros, ao igual que o Premio á mellor curtametraxe experimental, que o xurado desta sección, representado no evento polo realizador Fon Cortizo, outorgou ao filme mexicano Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje, de Gabriel Herrera.

A actriz Cris Iglesias, o director David González e a guionista Araceli Gonda subiron asemade ao escenario como integrantes do xurado nacional no momento de dar a coñecer o Premio á mellor curtametraxe española, xunto co Concelleiro de Cultura. Xosé Leal agradeceu “o esforzo tanto da organización como do persoal municipal” pola súa implicación na preparación do certame, antes de anunciar que a gañadora era Correspondencia, de Dominga Sotomayor e Carla Simón, que recibirán tamén 500 euros e mais un desconto en material audiovisual cortesía da empresa WeLab. Doutra banda, o Premio CREA á mellor dirección, que ascende a 200 euros, recaeu no exipcio Morad Mostafa por What we don’t know about Mariam.

O recoñecemento ao Mellor guión foi para Christoph Lauenstein por People in motion (Alemaña). Bella (Grecia), fíxose co premio a Mellor dirección artística, mentres que Lemongrass girl (Tailandia) obtivo o de Mellor fotografía e Still processing (Canadá) o de Mellor montaxe. As curtas francesas Dustin e Sër bi foron galardoadas pola Mellor música e o Mellor son, respectivamente. A holiday from mourning (Países Baixos/Portugal) recibiu os premios a Mellor maquillaxe e peiteado e Mellor vestiario. No tocante á interpretación, Graham Short foi distinguido co premio a Mellor Actor polo seu papel en Ned & me (Reino Unido). No entanto, o de Mellor Actriz compartírono as tres protagonistas de Sestre (Eslovenia): Mia Skrbinac, Sarah Al Sa-leh e Mina Milovanović.

Como en anteriores edicións, os trofeos deste FICBUEU 2021 foron elaborados por internos do centro penitenciario da Lama, agás no caso dos dous primeiros premios, que consistiron na xa tradicional anforiña creada pola ceramista Sandra Obarrio. A cerimonia de entrega de premios, conducida polo actor César Aldea, e a posterior proxección do filme de peche Sole, puxeron fin a unha xornada final que comezaba coa Gala Escolas Galegas, na que se alzaron cos galardóns o CEIP A Pedra (Bueu), o IES Félix Muriel (Rianxo) e a Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, amais da realizadora finlandesa Saara Hakkarainen na categoría internacional. A foto no tapiz elaborado pola Asociación Cultural Alfombras de Corpus de Bueu puxo fin a dez intensos días de actividades e proxeccións que contaron co Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura como principais financiadores.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

As curtas do alumnado e o filme ‘Sole’ complementan a Gala de Clausura do FICBUEU

FICBUEU

  • Autoridades e cineastas participarán mañá na cerimonia de entrega de premios, onde a presenza internacional será virtual.

Diversos profesionais galegos e doutras autonomías asistirán mañá domingo á Gala de Clausura do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, mentres que aos convidados internacionais verémolos en vídeo. Membros dos distintos xurados como o director Fon Cortizo, a actriz Cris Iglesias ou a realizadora chilena Carolina Atudillo participarán tamén na cerimonia de entrega de premios, ás 19 horas no Centro Social do Mar. No entanto, a axenda de proxeccións e actividades continúa hoxe e mañá.

A partir das 11 horas celébranse en paralelo o ‘Encontro con Alfonso Agra’ no Punto de Encontro do Festival, onde o actor recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021, e mais a Mesa Proxecta ‘A comunicación nos festivais de cinema’ no Museo Massó. Media hora máis tarde proxectaranse as Curtas en Familia e ás 12:30 dará comezo o concerto de Marcelo Dobode dentro do ciclo ‘Mergullade’, apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021. Ás 17 e ás 19 horas haberá pase dobre da Sección Galicia R, con coloquio posterior coas e cos cineastas, mentres que ás 21 horas se desenvolverá a Sección España e o respectivo debate.

A programación do Minific, destinada ás nenas e nenos, continúa mañá domingo ás 10:30 horas coa Gala Escolas Galegas, na que se entregarán os premios e se verán as obras gañadoras das tres categorías nas que se subdivide esta sección: educación especial, infantil e primaria; educación secundaria, e mais facultades e escolas de imaxe. De seguido, ás 13 horas, desenvolverase a proposta ‘As orixes do cinema’, con imaxes sobre os inicios desta arte ás que o trío Caspervek lles porá música en directo.

Xa pola tarde, ás 17 horas, gozaremos de ‘Dobre extra!’, un espectáculo musical para toda a familia, incluído tamén no programa ‘Mergullade’, onde o ilustrador Marc Taeger debuxará as cancións interpretadas por Paco Nogueiras. Ás 18:15 horas, as versións de Two in the mirror comezarán a soar nos exteriores do auditorio anunciando a recta final do festival, que ademais da cerimonia de entrega de premios inclúe a proxección de Sole, ás 21:30 horas, como filme de peche. O director da fita e membro do xurado internacional, Carlo Sironi, presentará online esta longametraxe sobre a maternidade subrogada.

Previamente, ás 19 horas desenvolverase a Gala de Clausura, na que se entregarán os galardóns ás obras premiadas e volverán proxectarse as gañadoras da Ánfora de Ouro e o Premio do Público. Ademais de cineastas galegos e españois autores das curtas, membros do xurado ou colaboradores do certame, no acto participarán autoridades do Concello de Bueu e da Deputación de Pontevedra, principais institucións financiadoras xunto coa Agadic e o ICAA. Acudirán ademais representantes de varias empresas patrocinadoras, como Gadis, R, Nodosa e diversos establecementos e entidades do Morrazo, cuxo apoio é fundamental. Todos van desfilar ante o tapiz de flores elaborado pola Asociación Cultural Alfombras de Corpus de Bueu.

A cerimonia, que estará conducida polo actor César Aldea, poderá seguirse en streaming e comentarse a través das redes sociais. Pero antes de que chegue o seu gran momento, as e os cineastas están a coñecer a riqueza cultural, natural e gastronómica da nosa zona a través do programa ‘Descubrindo a vila de Bueu’, coa colaboración de Turismo Rías Baixas e Turismo de Galicia, entre outros. Se a pasada fin de semana percorreron Cabo Udra da man de Leucoíña Pasea, hoxe visitarán o Museo Massó e navegarán nas embarcacións tradicionais da asociación Os Galos, mentres que mañá viaxarán á illa de Ons con Nabia.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

A primeira longametraxe de Tolentino e as curtas dos obradoiros abren o FICBUEU 2021

FICBUEU

  • A actuación de ‘Two in the mirror’ dará paso á inauguración oficial do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu arrinca hoxe venres cun gran acto de inauguración no que se estrearán as obras realizadas nos obradoiros cinematográficos impartidos ao longo do último curso. A música en directo e a longametraxe de apertura completan a xornada de arranque do FICBUEU 2021, que se prolongará ata o día 19 co Centro Social do Mar como epicentro.

A actuación ao aire libre do dúo de versións Two in the mirror a partir das 19:15 horas creará o ambiente propicio para iniciar ás 20 horas o acto inaugural, no que intervirán as autoras e autores das dúas curtas que se van presentar. Cuartos de lúa é unha obra de ficción con tinturas surrealistas elaborada no obradoiro da Asociación FICBUEU para persoas adultas, mentres que as rapazas e rapaces crearon Unha curta de cine, documental que repasa a historia das salas de cinema da vila a través de diversas entrevistas.

Posteriormente, ás 22 horas, contaremos coa presenza do recoñecido crítico cinematográfico Javier Tolentino para presentarnos a súa primeira longametraxe: Un blues para Teherán. A fita narra a historia de Erfan, un mozo kurdo que canta, escribe poesía, vive cos seus pais e quere ser director de cine. Tradición e modernidade mestúranse no Irán que nos amosa esta recente película, para a que se poden adquirir as entradas na tenda da web.

Proxeccións, charlas e concertos

A programación do FICBUEU 2021 intensificarase o sábado día 11 cunha variada axenda que arrincará ás 11:30 horas no Punto de Encontro coa palestra ‘O cartel da película’ a cargo do prestixioso estudio Barfutura, mentres que ás 12:30 horas Ataque Escampe protagonizará a primeira sesión vermú do festival. Trátase dun dos tres concertos que se ofrecerán dentro do ciclo ‘Mergullade’, co apoio do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.

Xa pola tarde, ás 18 horas realizarase ao vivo o programa radiofónico Carne Cruda, con entrevistas á directora Margarita Ledo e á model maker Sonia Iglesias, e mais a actuación de Tanxugueiras. Ás 20 horas proxectarase a primeira sesión da Sección Experimental, integrada por filmes que permiten vivir unha experiencia cinematográfica única, e ás 22 horas a Panorama, con algunhas das mellores curtas realizadas o pasado ano en todo o mundo.

A xornada do domingo 12 arrincará ás 11:30 horas coa charla sobre ‘Stop motion’ impartida por Sonia Iglesias, que traballa creando este tipo de bonecos para producións internacionais. Ás 10 horas presentarase a webserie Cacola, de David Fidalgo, quen estivo nominado aos premios Goya pola súa última curtametraxe. Ademais, haberá novas sesións de Experimental e Panorama, de xeito que se pode combinar a asistencia ás proxeccións e ás actividades.

Durante a semana, as tardes terán unha estrutura semellante de luns a venres, xa que ás 20 e ás 22 horas se desenvolverán as proxeccións dos cinco bloques da Sección Internacional, con programas diferentes en cada un dos horarios e cun faladoiro entre ambos dinamizado por persoas expertas. O luns 13 de setembro, ademais, a actividade dará comezo ás 16:30 horas coa presentación do segundo dos Cadernos FICBUEU, centrado nas curtas da National Film Board of Canada, para dar paso ás 18 horas á Sección Carta Branca, que presentará o propio produtor de animación da NFB e comisario da sección, Marc Bertrand.

Durante os catro días seguintes, ás 17:30 horas desenvolverase a Sección Retrospectiva, centrada tamén nos títulos da produtora pública canadense. A maiores, o martes 14 ás 18 horas terá lugar a mesa redonda ‘O financiamento dos festivais de cinema’, na que participarán representantes Clermont-Ferrand (Francia), Morelia (México) e Xixón. O debate estará dinamizado pola presidenta da Federación Pantalla, Elena Subirà, e poderá seguirse en directo a través das canles de Facebook e Youtube do FICBUEU.

A derradeira fin de semana do FICBUEU 2021 inclúe o ‘Encontro con Alfonso Agra’, actor que recibirá o Premio Cinema Galego, e mais as proxeccións e coloquios das seccións Galicia R e España. Tamén se celebrará outra mesa sectorial sobre ‘A comunicación nos festivais de cinema’ da man de Proxecta, unha sesión de Curtas en familia e o concerto de Marcelo Dobode. Todo iso o sábado 18, mentres que o domingo 19 estará dedicado á rapazada, coa Gala Escolas Galegas, o obradoiro ‘As orixes do cine’ con Caspervek tocando en directo e o espectáculo musical ‘Dobre extra!’, no que Paco Nogueiras interpreta os seus temas mentres Marc Taeger os ilustra en directo. Para rematar, celebrarase a Gala de Clausura, centrada na entrega de premios, e proxectarase o filme de peche, Sole, de Carlo Sironi.

Pases para alumnado de centros educativos, obradoiros de guión e rodaxe con colectivos profesionais, o mercado da curtametraxe ou a ruta de tapas son outras das actividades que se desenvolverán no marco do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, sobre o cal se pode atopar toda a información na web e nas redes sociais. O evento conta coa colaboración de diversas entidades, entre as que destacan o Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra a través da marca #riasbaixasfilmfest, a Agadic da Xunta de Galicia e o ICAA.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

O FICBUEU camiña cara a normalidade cun amplo programa de filmes e actividades na 14ª edición

FICBUEU

  • A organización e as administracións financiadoras presentaron a programación que se desenvolverá do 10 ao 19 de setembro

O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) ofrecerá entre o 10 e o 19 de setembro máis de cen filmes e ducias de actividades complementarias, retomando boa parte da programación previa á pandemia pero mantendo ao mesmo tempo as medidas de prevención fronte a Covid-19. Así se puxo de manifesto este mediodía na rolda de prensa que brindaron tanto representantes da organización como do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra e da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, principais institucións cofinanciadoras do certame xunto co ICAA do Ministerio de Cultura.

A xefa de produción do certame, María Ruiz, puxo de relevo que “o FICBUEU camiña cara a recuperación da normalidade”, restablecendo propostas como as proxeccións para escolares, as charlas divulgativas, a radio ao vivo ou seccións como Retrospectiva e Panorama. Ao mesmo tempo, o programa incorpora entre as súas novidades un filme de apertura e outro de peche. A maiores, haberá obradoiros, coloquios ou o encontro co actor Alfonso Agra, que recibirá o Premio Cinema Galego. Outro síntoma de recuperación é que se tiveran presentado ao certame máis de 2.000 curtas, destacando na selección final a calidade dos documentais e mais o peso das cintas dirixidas por mulleres, en claro avance cara a igualdade de xénero.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, corroborou que “o programa do FICBUEU 2021 é moi completo, conservando a súa esencia” e destacou as actividades dirixidas ás e aos profesionais do eido cinematográfico, de xeito que “non só se contribúe á difusión do audiovisual, senón tamén a potenciar o sector”. O representante autonómico aproveitou asemade para expresar o seu “recoñecemento ás traballadoras e traballadores do mundo da cultura neste momento de incertidume” e garantiu que este tipo de eventos se poden celebrar de maneira segura.

Tamén a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, lle deu “parabéns á organización por sacar adiante este festival nun contexto complexo” e por “unha traxectoria de catorce anos que pon de manifesto o compromiso coa cultura e co cinema”, contribuíndo a “dinamizar o sector cultural e a economía”. A deputada provincial salientou ademais como “a veciñanza de Bueu e arredores se involucra co festival, participando nas actividades, valorando as curtametraxes, etc.”

Pola súa banda, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, definiu o certame como “un proxecto compartido” no que “se consolida un traballo que se leva a cabo durante todo o ano e que ten o cinema como protagonista”. Cualificouno así mesmo como unha iniciativa estratéxica que fai posible “gozar da cultura, das relacións sociais, da convivencia e compartir emocións”. Unha cita que “contribúe á nosa formación como persoas” e que nos permitirá “achegarnos pouco a pouco á normalidade, sen baixar a garda”, concluíu o rexedor.

Neste senso, manterase o aforo reducido segundo a normativa vixente, a máscara obrigatoria, as distancias de seguridade ou a aplicación de xel hidroalcólico nas entradas e saídas. A programación completa do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu está dispoñible na web, onde tamén se poden adquirir xa as entradas.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido