Aberto o prazo para unirse ao equipo de voluntariado do FICBUEU 2022
FICBUEU
O Festival Internacional de Cinema de Bueu volve ofertar diversas prazas de voluntariado para as persoas que desexen apoiar a organización e desenvolvemento da 15ª edición do festival.
As e os voluntarios terán a oportunidade de cooperar cun equipo profesional e vivir o evento desde dentro, aprendendo da experiencia nunha interesante contorna de traballo. As persoas voluntarias poderán participar en variadas tarefas técnicas e loxísticas, sempre baixo supervisión, estarán aseguradas e contarán cun certificado final pola súa colaboración.
O prazo para cubrir o formulario permanecerá aberto ata o 22 de agosto.
A guionista Isabel Peña titoriza a formación, e un dos catro proxectos de guión optará a ser producido pola produtora galega Nortecatro Cinema Participan as directoras Alicia Úbeda e Ángela Andrada, ambas da Coruña, e dous directores: Jordi Sanz, de Barcelona, e Pablo Vilas, de Tenerife I Residencia Ons FICBUEU. Fotos: Estudio Prolight. BUEU. 09.10.23. […]
Durante o FICBUEU 2023 foi posible gozar de moitas das actividades de xeito virtual. Alén dos podcasts, o FICPAPER ou os coloquios, xa é posible visualizar outros eventos da programación que foron retransmitidos en directo en Twitch para facilitar o acceso ao público que non estivo presencialmente no certame. A Canle FICBUEU de Youtube conta […]
“Café Derby 21”, “Kinótico”, “El cine de Lo Que Yo te Diga”, “Cine Divergente” e “Saltos de Eje” veñen de publicar os seus capítulos gravados durante a 16ª edición do certame O primeiro dos programas da sección Cinema e Radio, Café Derby 21 fixo un repaso polas curtas da Sección GZ_00, utilizando o tema do […]
Os Cadernos FICBUEU chegan ao Festival Internacional de Cine Independiente de Elche
FICBUEU
Severiano Casalderrey presenta os dous ensaios publicados ata o momento nun dos festivais con máis percorrido da península.
Tralo coloquio, a programación incluíu unha proxección dalgunhas das mellores curtas galegas que pasaron polo FICBUEU.
O FICBUEU estivo presente durante a celebración do 45º Festival Internacional de Cine Independiente de Elche en calidade de festival convidado. Foi da man de Severiano Casalderrey, autor dos Cadernos e un dos responsables da programación do FICBUEU, quen achegou o formato curto ata terras alacantinas durante a xornada do día 7 de xullo, na véspera do inicio da edición de 2022 que finalizará o día 22 do mesmo mes.
Cartel da 45ª edición do Festival Internacional de Cine Independiente de Elche
Alí, Casalderrey tivo a oportunidade de presentar o proxecto Cadernos FICBUEU nun interesante coloquio que comezou ás 20:00 horas e que rematou coa proxección dalgunhas das curtametraxes galegas máis destacadas que pasaron polo FICBUEU, como poden ser ‘Homeless Home’ de Alberto Vázquez, ‘Carne’ de Camila Kater, ‘Augas Abisais’ de Xacio Baño, ‘Xoves de Comadres’ de Noemi Chantada e ‘Matria’ de Álvaro Gago.
Durante a conferencia falouse da situación e do contexto do cinema galego e profundizouse en diversos períodos da historia da curtametraxe, especialmente na Nouvelle Vague francesa e na National Film Board of Canada, protagonistas dos dous libros publicados ata o momento por parte do festival bueuense.
Coloquio da Sección Galicia R durante o FICBUEU 2020, no que se proxectaron ‘Carne‘ de Camila Kater e ‘Xoves de Comadres‘ de Noemi Chantada
O proxecto Cadernos FICBUEU naceu no ano 2020 e é o froito de todo o traballo de selección e de investigación que se realiza para a Sección Retrospectiva do FICBUEU, para a que é preciso facer un amplo traballo de documentación, así como visionar un importante número de pezas.
Na edición deste 2022 presentarase o ‘Caderno FICBUEU#3’, adicado ao Instituto de Investigadores e Experiencias Cinematográficas (IIEC) e á posterior Escola Oficial de Cinematografía (EOC), centrándose por primeira vez no cinema español e facendo fincapé no período que vai dende 1947 ata 1976.
As dúas primeiras obras pódense atopar na tenda en liña do FICBUEU para todas e todos os interesados, mentres que o terceiro dos cadernos estará dispoñible logo da súa presentación oficial.
A guionista Isabel Peña titoriza a formación, e un dos catro proxectos de guión optará a ser producido pola produtora galega Nortecatro Cinema Participan as directoras Alicia Úbeda e Ángela Andrada, ambas da Coruña, e dous directores: Jordi Sanz, de Barcelona, e Pablo Vilas, de Tenerife I Residencia Ons FICBUEU. Fotos: Estudio Prolight. BUEU. 09.10.23. […]
Durante o FICBUEU 2023 foi posible gozar de moitas das actividades de xeito virtual. Alén dos podcasts, o FICPAPER ou os coloquios, xa é posible visualizar outros eventos da programación que foron retransmitidos en directo en Twitch para facilitar o acceso ao público que non estivo presencialmente no certame. A Canle FICBUEU de Youtube conta […]
“Café Derby 21”, “Kinótico”, “El cine de Lo Que Yo te Diga”, “Cine Divergente” e “Saltos de Eje” veñen de publicar os seus capítulos gravados durante a 16ª edición do certame O primeiro dos programas da sección Cinema e Radio, Café Derby 21 fixo un repaso polas curtas da Sección GZ_00, utilizando o tema do […]
O FICBUEU e a Asociación Juan XXIII gravan a curtametraxe ‘A fin do osíxeno’
FICBUEU
Ambas institucións levan traballando no filme dende xaneiro a través dos obradoiros de cinema da Área Social FICBUEU.
A obra estrearase o 11 de setembro durante a xornada inaugural do festival.
O equipo da Área Social do FICBUEU e a Asociación Juan XXIII de Cangas, centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, gravaron unha curtametraxe froito dun longo traballo nun dos obradoiros de cinema, que comezou o pasado mes de xaneiro.
Durante estes meses, as usuarias e os usuarios do centro cangués aprenderon todo o relacionado co proceso de creación dunha peza audiovisual, partindo da creación da historia e do guión e pasando por todo o proceso de preparación e de produción anterior á rodaxe.
Equipo durante a rodaxe no Bosque Encantado de Aldán
Porén, só faltaba poñer en práctica todo o aprendido nunha rodaxe que durou unhas nove horas aproximadamente e que contou cunha vintena de persoas de ambas entidades ademais de actrices e actores recoñecidos, coma poden ser Mónica Caamaño ou Lois Soaxe.
Todo o traballo detrás das cámaras foi elaborado por integrantes do centro orixinarios de diferentes vilas de Pontevedra, como son Cangas, Moaña e Bueu, aínda que contaron co apoio das monitoras do Juan XXIII e do equipo do FICBUEU.
A peza, de ficción con temática medioambiental, leva por título ‘A fin do osíxeno’ e foi gravada en distintas localizacións, como son a propia sede da Asociación ou o Castelo do Bosque Encantado de Aldán.
O resultado final, aínda con moito por traballar no apartado de montaxe e posprodución, estrearase durante a xornada inaugural do Festival Internacional de Cinema de Bueu, que terá lugar o 11 de setembro.
Trátase do segundo filme do curso 2021/22 posto en marcha a través dos obradoiros de curtametraxes da Área Social FICBUEU, logo do realizado en conxunto coa Asociación Érguete de Vigo, nunha iniciativa que busca achegar e impulsar o cinema cara aos colectivos e sectores máis afastados da creación audiovisual.
Unha vez estreada, a obra poderá verse na canle de YouTube do festival, onde se atopan un bo número das curtametraxes feitas durante os últimos anos de traballo.
A guionista Isabel Peña titoriza a formación, e un dos catro proxectos de guión optará a ser producido pola produtora galega Nortecatro Cinema Participan as directoras Alicia Úbeda e Ángela Andrada, ambas da Coruña, e dous directores: Jordi Sanz, de Barcelona, e Pablo Vilas, de Tenerife I Residencia Ons FICBUEU. Fotos: Estudio Prolight. BUEU. 09.10.23. […]
Durante o FICBUEU 2023 foi posible gozar de moitas das actividades de xeito virtual. Alén dos podcasts, o FICPAPER ou os coloquios, xa é posible visualizar outros eventos da programación que foron retransmitidos en directo en Twitch para facilitar o acceso ao público que non estivo presencialmente no certame. A Canle FICBUEU de Youtube conta […]
“Café Derby 21”, “Kinótico”, “El cine de Lo Que Yo te Diga”, “Cine Divergente” e “Saltos de Eje” veñen de publicar os seus capítulos gravados durante a 16ª edición do certame O primeiro dos programas da sección Cinema e Radio, Café Derby 21 fixo un repaso polas curtas da Sección GZ_00, utilizando o tema do […]
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Strictly Necessary Cookies
Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.