Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Outubro 2022 • FICBUEU

O FICBUEU continúa co seu compromiso co desenvolvemento sostible

← Volver

O FICBUEU continúa co seu compromiso co desenvolvemento sostible

FICBUEU

Durante a 15ª edición do festival e máis aló do evento a organización leva a cabo diferentes iniciativas relacionadas coa Axenda 2030

Cada ano o equipo traballa na mellora destas medidas e na implantación de novidades que supoñan avances cara a consecución dos ODS


Un dos compromisos do Festival Internacional de Cinema de Bueu é o de traballar de cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, poñendo especial coidado á hora de programar actividades alcanzables para toda a sociedade e que todas as persoas poidan gozar das propostas en igualdade de condicións, sen olvidar aquelas medidas que axudan e promoven a conservación da súa contorna para crear un evento sostible e solidario.

Obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 da ONU

Motivada por estes compromisos, a organización leva varias edicións traballando tendo en conta os obxectivos da Axenda 2030 da ONU, centrándose especialmente en varios deles:

O primeiro é o ODS 2 – Fame 0, realizando por segundo ano, e nesta ocasión durante todo o evento, unha recollida de alimentos xunto co Banco de Alimentos de Vigo/Pontevedra (pertenecente á FESBAL – Federación Española de Bancos de Alimentos). Por outra banda, durante as proxeccións para centros de ensino ambas organizacións desenvolveron unha sesión de sensibilización coa rapazada bueuense. Todas as doazóns obtidas durante as dúas semanas de duración da campaña foron entregadas a Cáritas Bueu, co fin de xerar un impacto cercano.

Do mesmo xeito, tamén se realizaron accións a prol da educación de calidade, o ODS 4, como a celebración da Sección Escolas Galegas, así como diferentes sesións de proxección para centros de ensino que estiveron acompañadas de unidades didácticas, fomentando o audiovisual como un método de aprendizaxe, de creación e de expresión para a mocidade.

No tocante á igualdade de xénero, o ODS 5, o FICBUEU leva varias edicións implementando iniciativas como o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria, o equilibrio na presenza de profesionais en diferentes ámbitos (xurados, poñentes, docentes, equipo do festival, etc.) ou a colaboración con outros festivais ou institucións que promoven estes valores como o Festival Ambienta – LBTGIQ+ de Pontevedra.

Outro dos principais valores da organización é o de xerar emprego de calidade de maneira estable, o ODS 8,  apostando por un modelo de traballo continuo que non basea a súa contratación na temporalidade e co obxectivo de que os servizos subcontratados sexan de proximidade, traballando con profesionais locais na súa maioría.

Tamén neste senso, a produción e o consumo responsable é outro dos compromisos da organización durante todo o ano continuando coa implantación progresiva dos criterios de economía circular, baseados en reducir, reutilizar e reciclar, seguindo o ODS 12. 

Alén destas iniciativas na edición do 2022, tanto o FICBUEU como o resto de entidades e eventos que forman parte do Pacto Cultura Sustentable, acordaron levar a cabo unha serie de accións concretas: recoñecer e erradicar as barreiras que impiden a accesibilidade universal aos eventos, a eliminación do 100% dos plásticos dun só uso, medir a pegada de CO2 e a identificacións dos grupos de interese. 

Así, diminuíuse a presenza de plásticos dun só uso colaborando con Agua Local e mellorouse a recollida selectiva de residuos participando no programa Composta Morrazo!, unha iniciativa da Mancomunidade do Morrazo que nesta 15ª edición contribuiu considerablemente á redución do volume xeral de residuos.

Proxeccións para escolares durante o FICBUEU 2022
Convidadas e convidados do FICBUEU 2022 no roteiro pola Illa de Ons

Por último, o FICBUEU tamén quixo continuar coas actividades de turismo sustentable de anos anteriores, respetando os ODS 14 e 15, coa creación dun programa para as convidadas e convidados do festival que ten como finalidade poñer en valor os recursos naturais da vila de Bueu. 

Dentro deste, realizaouse unha visita guiada por Cabo Udra, un roteiro guiado pola Illa de Ons, unha degustación de productos galegos de proximidade (prestando especial atención a aqueles provintes do consumo responsable, como os que garante o selo colaborador ‘pescadeRías’), unha visita guiada ao Museo Massó ou a saída pola Ría en embarcacións tradicionais coa Asociación Os Galos.

Accesibilidade para todas e todos

​​Neste FICBUEU 2022 e seguindo a liña marcada en edicións anteriores, fortalecéronse as medidas de accesibilidade a través das seguintes propostas:

Comunicamos nas nosas redes sociais e con suficiente antelación á celebración do festival todo o referente á experiencia de asistencia ao festival dende o punto de vista dunha persoa con necesidades especiais ou mobilidade reducida co fin de facilitar a súa planificación. 

Neste senso, cabe sinalar que por primeira vez a páxina web do festival contou cun botón que facilita o uso de diferentes ferramentas de axuda para consultar os contidos e programación do FICBUEU así como un sistema de venta de entradas tanto online coma presencial, alcanzable e sinxelo para todo o público. 

Por outra banda, o equipo do FICBUEU estivo á disposición das persoas con necesidades especiais para prestar asistencia en calquera situación, ofrecendo acceso e localizacións preferentes. 

Outro dos compromisos da organización foi contar con espazo sen barreiras arquitectónicas, realizando todas as actividades da 15ª edición en localizacións totalmente accesibles para persoas con mobilidade reducida, tendo a súa disposición rampas e elevadores.

Máis aló do evento, favorecer unha cultura accesible é un dos obxectivos clave do traballo que o FICBUEU desenvolve durante todo o ano nas diferentes actividades da súa Área Social entre as que destacan os obradoiros de creación en colaboración con diferentes asociacións e colectivos en risco de exclusión. Nestes programas, as usuarias e usuarios aprenden a realizar unha curtametraxe, pasando por todas as fases do proxecto e utilizando o cinema como unha ferramenta de cohesión social, fomentando a creatividade e o traballo en equipo. As pezas realizadas nestes obradoiros foron estreadas durante a xornada inaugural da 15ª edición do festival, aproveitando a ocasión para dar voz e visibilidade a estas persoas e ao seu traballo.

Grupo do obradoiro con Juan XXIII de Cangas durante a apertura do FICBUEU 2022
  • BUEU escolle a Mellor Curtametraxe Holandesa

    Bueu, 10/ 01/ 2025 – Shortcutz Amsterdam invita un ano máis ao público do FICBUEU a participar na elección da curtametraxe holandesa favorita do público. Shortcutz Amsterdam é un movemento internacional de curtametraxes que se converteu nunha das maiores plataformas dos Países Baixos para o cinema neerlandés. Esta plataforma brinda oportunidades de exhibición e conecta audiencias […]

    2025-01-10
  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
← Volver

As I Xornadas Cinematográficas achegaron ata Bueu as experiencias de diferentes profesionais do sector

FICBUEU

Esta primeira edición estivo centrada no tratamento do tempo no cinema.

O Festival Internacional de Cinema de Bueu puxo en marcha na 15ª edición deste 2022 o novo proxecto das Xornadas Cinematográficas, un espazo de reflexión e pensamento sobre a arte do cinema que reuniu en Bueu a varias e varios profesionais do sector (cineastas, montadoras, críticas ou ensaístas) nunha programación centrada, nesta ocasión, na temporalidade e o papel que esta xoga dentro da linguaxe cinematográfica.

Baixo o nome I Xornadas Cinematográficas: esculpindo o tempoleváronse a cabo unha serie de actividades que fixeron que o público asistente e todas aquelas persoas que seguiron o evento vía streaming a través da Canle FICBUEU gozaran dun día para o desfrute das apaixoadas e dos apaixoados do cinema. 

Deste xeito, o encargado de inaugurar o espazo foi o investigador, ensaísta e cineasta José Manuel Mouriño, quen tamén é representante e coordinador na Península Ibérica e en Hispanoamérica do Instituto Internacional Andréi Tarkovski. Mouriño deu unha clase maxistral sobre o tratamento do tempo na obra do cineasta ruso, considerado un dos mestres neste eido dentro da sétima arte.

A xornada matinal pechouse coa conversa entre as críticas cinematográficas de Caimán – Cuadernos de Cine Andrea Morán e Daniela Urzola sobre diferentes obras e cineastas, analizando unha gran variedade de recursos temporais destacados ao longo da historia do cinema.

Durante a tarde celebrouse a mesa redonda en liña sobre o ritmo e as realidades temporais que posibilita a montaxe na que, moderadas por Diana Ramahí, a directora, realizadora e docente chilena Carolina Astudillo, a montadora Ana Pfaff e a cineasta e montadora galega Diana Toucedo falaron dos retos habituais á hora de traballar este aspecto. 

A penúltima actividade tivo como protagonista a un dos cineastas galegos de maior relevancia da actualidade, como é Oliver Laxe, que participou nun encontro co xornalista Ángel Suanzes. Na conversa, Suanzes fixo que Laxe viaxara a través de toda a súa filmografía poñendo especial atención á evolución da maneira na que o director traballou este aspecto da linguaxe cinematográfica en cada cinta.

Por último, para a clausura das I Xornadas Cinematográficas do FICBUEU  proxectouse a obra ‘Zerkalo’ de Andréi Tarkovski, considerada pola crítica como unha das pezas máis representativas do cineasta ruso. De feito, o ensaio ‘Esculpir en el tiempo’ de Tarkovski é o que inspirou o nome desta primeira edición dun novo formato que promete aínda máis cinema nos seguintes anos.

  • BUEU escolle a Mellor Curtametraxe Holandesa

    Bueu, 10/ 01/ 2025 – Shortcutz Amsterdam invita un ano máis ao público do FICBUEU a participar na elección da curtametraxe holandesa favorita do público. Shortcutz Amsterdam é un movemento internacional de curtametraxes que se converteu nunha das maiores plataformas dos Países Baixos para o cinema neerlandés. Esta plataforma brinda oportunidades de exhibición e conecta audiencias […]

    2025-01-10
  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido