A infancia desfruta do cinema coas actividades do Minific do FICBUEU
FICBUEU
O Festival Internacional de Cinema de Bueu clausura a súa décima sétima edición coa xornada dedicada a nenas e nenos
Un obradoiro de `stop motion’, un concerto de Dani Barreiro and Kids, e unha sesión de proxección de curtas para público familiar, programación especial para os máis pequenos nunha xornada que comezou coa Gala Escolas Galegas
21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop motion. E bailar e divertirse coa música de Dani Barreiro and Kids. A xornada comezou coa Gala Escolas Galegas, dedicada aos equipos responsables das curtametraxes feitas dende centros de ensino e que participaron, e competiron, no festival.
O FICBUEU ten entre os seus obxectivos promover a cultura dende o cinema, e o mesmo que traballa para pular e difundir a creatividade e a produción cinematográfica na súa entorna, quere axudar á construción de novos públicos. Tamén na infancia.
E o público infantil respondeu do mesmo xeito que o fixera o público adulto entre o 6 e o 15 de setembro, durante as proxeccións e actividades programadas arredor da «Sección Oficial» do certame: asistiron masivamente, incrementando sensiblemente a participación con respecto ao ano pasado e apenas deixando butacas libres para desfrutar das películas no Centro Social do Mar.
A cerimonia de entrega dos galardóns ás curtametraxes gañadoras da Sección Escolas Galegas serviu para inaugurar, ás 11 horas, a última xornada do FICBUEU. Estivo conducida pola escritora e editora Olalla González, e contou coa participación do artista plástico Marc Taeger: encargouse do soporte visual do acto facendo debuxo e animación ao vivo.
Logo chegarían o obradoiro, o concerto, e as proxeccións. E despois baixou o pano da edición 2024 do Festival Internacional de Cinema de Bueu. O equipo do FICBUEU traballa xa na vindeira edición do certame. A número dezaoito. A da maioría de idade.
21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop […]
O filme estoniano «Saab» obtén o Segundo Premio e «Aunqe es de noche» leva o galardón a mellor cinta española A curta británica «If you are happy», de Phoebe Arnstein faise co Premio do Público A película francesa «Intelligence» triunfa na sección «Descubertas», e «pechar caixas, abrir caixas» en «GZ_00» «Il compleanno di Enrico», de Francesco […]
O Festival realizará mañá unha lectura do seu poema “A Requiem for the XXth Century”, elixido polo seu fillo, e dedicará ao artista lituano o seu quinto Caderno e a súa «Retrospectiva», que celebra a súa traxectoria a través de nove das súas películas. 13.09.24. BUEU. Este domingo 15 é o Día da Poesía creado polo Centro […]
BUEU. 14 de setembro de 2024. Il compleanno di Enrico (O aniversario de Enrico), unha co-produción de Alemaña, Francia e Italia dirixida por Franceso Sossai, é a curtametraxe gañadora da «Sección Oficial» da 17ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu. De entre as 29 películas a concurso, chegadas de 18 países, o xurado –composto pola serbia Tara Karajica, programadora de cinema e xornalista, a finlandesa Riina Mikkonen, tamén programadora e directora do Festival de Cinema de Tampere, e o realizador e guionista español Chema García Ibarra– concedeu a esta cinta o Primeiro Premio FICBUEU, dotado con 2.000 euros.
O xurado distinguiuna pola súa capacidade de ver a través dos ollos do seu protagonista, un neno que vai á festa de aniversario doutro nunha vella casa no campo, «a vea rebelde dunha avoa nos albores do novo milenio». «O director –engadiron– márcanos habilmente a lectura entre liñas, como cando eramos nenos e deixábannos encher os ocos a nós mesmos, á vez que xoga axilmente coas esperanzas». O galardón entregouno o alcalde de Bueu, Félix Juncal. Sossai, que non puido estar presente na cerimonia, enviou un vídeo de agradecemento ao festival.
A película estoniana Saab, da directora Liisbeth Kala, unha curta que investiga a estética do aburrimento e do silencio dentro dun coche no que viaxan varias persoas, mereceu o Segundo Premio FICBUEU por «convidar o espectador a ser un pasaxeiro máis e mergullarnos nunha viaxe misteriosa e poética». Kala non puido recoller en persoa o galardón do Festival (dotado con 1.000 euros), pero si o fixo unha das actrices do filme, Maria Valk. Encargouse de entregarllo Jorge Cubela, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra.
Historias de amigos e de corpos
O xurado oficial do FICBUEU 2024 premiou dous filmes máis. Un é Aunque es de noche, obra de Guillermo García López, quen conseguiu o premio á mellor curtametraxe española coa historia de Toni, un rapaz de 13 anos que vive no poboado chabolista da Cañada, en Madrid, e que descobre que o seu mellor amigo Nasser márchase para sempre e busca seguir conectado a el. O xurado destacou esta cinta, gañadora do Goya este ano, «polo modo en que o director converte aos seus protagonistas en actores activos e conscientes, nun sutil esforzo por reacondicionar os nosos filtros».
A outra película galardoada é Habitar, da realizadora marinense Anxos Fazáns, que levou o premio á mellor curta galega polo seu documental sobre a construción da identidade a través do retrato de persoas transxénero e non binarias de Galicia. A súa mirada aos corpos «con tenrura» e a súa capacidade para «conseguir capturar algo tan esquivo como é a intimidade» convenceron aos membros do xurado. Recolleu o seu galardón de mans de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Premio do Público
O premio do Público foi para a curta británica If you are happy, da realizadora británica Phoebe Arnstein. A película é unha mirada crúa e honesta sobre a loita e a axitación emocional dunha nai nova que se enfronta desesperadamente coas presións da nova maternidade e descarga a súa furia durante un xogo infantil nun grupo local de bebés, desencadeando unha reacción inesperada. A primeira curta de Arnstein como escritora e directora inspirouse nos seus propios recordos difusos dos primeiros días tras ser nai, moi lonxe dunha imaxe perfecta de felicidade. Os berros dos nenos, as contornas claustrofóbicas e un crescendo catártico caracterizan o filme elixido como o mellor polo público do festival.
Premios para a vangarda e a canteira de cineastas
Manuel Pena e María Ruiz, directores do FICBUEU xunto a Nerea Lores, anunciaron as curtas premiados nas categorías «GZ_00», «Descubertas», «Escolas de Cinema Internacionais» e «Escolas de Cinema Galegas», valoradas por outro xurado integrado por tres expertos en cinema e cultura como Daniela Urzola, Elisa Pereira e Xan Gómez Viñas.
pechar caixas, abrir caixas, do realizador redondelano Hugo Amoedo, fíxose co galardón na primeira das seccións, creada para mostrar o traballo que está a facer a nova xeración de cineastas en Galicia. Amoedo resultou gañador cunha película que descobre «unha maneira diferente e interesante de falar da emigración» mostrando «todo tipo de sentimentos mediante diarios filmados, onde o drama e a comedia teñen cabida xuntas».
En «Descubertas», que reúne a creación cinematográfica máis innovadora a nivel mundial, a curta vencedora nesta edición do festival é Intelligence, dos franceses Cosme Castro e Jeanne Frenkel. O xurado valorou a súa «orixinal mestura de linguaxes visuais e a súa enxeñosa narración distópica, que reflexiona sobre as pantasmas, pasadas e futuras, da sociedade contemporánea».
En «Escolas de Cinema Internacionais», sección que recolle algúns dos traballos máis destacados que se fan en centros de cinema de todo o mundo, a gañadora foi a película francesa La voix deas autres, de Fatima Kaci. Destacou «polo seu estilo directo e conciso para mostrar a violencia institucional e o trato deshumanizado cara ás persoas refuxiadas», ademais de por «o excelente traballo de contención expresiva da súa actriz, Amira Chebli». Xogo de nenos, de Miguel R. Berride, da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, levou o galardón á mellor curta de «Escolas de Cinema Galegas». O xurado distinguiuno pola súa factura técnica, tanto na posta en escena como na montaxe, «e polo seu sorprendente xiro final».
21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop […]
O filme estoniano «Saab» obtén o Segundo Premio e «Aunqe es de noche» leva o galardón a mellor cinta española A curta británica «If you are happy», de Phoebe Arnstein faise co Premio do Público A película francesa «Intelligence» triunfa na sección «Descubertas», e «pechar caixas, abrir caixas» en «GZ_00» «Il compleanno di Enrico», de Francesco […]
O Festival realizará mañá unha lectura do seu poema “A Requiem for the XXth Century”, elixido polo seu fillo, e dedicará ao artista lituano o seu quinto Caderno e a súa «Retrospectiva», que celebra a súa traxectoria a través de nove das súas películas. 13.09.24. BUEU. Este domingo 15 é o Día da Poesía creado polo Centro […]
O FICBUEU súmase á homenaxe mundial do Pompidou de París a Jonas Mekas, pai do cinema de vangarda estadounidense
FICBUEU
O Festival realizará mañá unha lectura do seu poema “A Requiem for the XXth Century”, elixido polo seu fillo, e dedicará ao artista lituano o seu quinto Caderno e a súa «Retrospectiva», que celebra a súa traxectoria a través de nove das súas películas.
13.09.24. BUEU. Este domingo 15 é o Día da Poesía creado polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou de París. O poeta e director de orixe lituana Jonas Mekas (1922-2019) será o homenaxeado este ano. Mekas está considerado o fundador do cinema de vangarda e experimental estadounidense. O FICBUEU súmase a un evento no que tamén participan unha trintena de institucións artísticas e culturais de cidades de todo o mundo: dende a capital francesa ata Nova York ou Los Ángeles pasando por Vilna, Londres, Oporto, Milán, Estocolmo, Seúl, Toquio ou Teherán. En España, só o Festival Internacional de Cinema de Bueu está nesa lista. De feito, o FICBUEU será o primeiro en sumarse á homenaxe internacional, mañá sábado, co seu particular tributo a este creador pioneiro e gardián do cinema libre e independente que inspirou a mestres como Martin Scorsese ou Jim Jarmusch.
Cine e literatura
Ademais de ser o fío condutor nesta edición do estilo visual do festival, o FICBUEU adica a Jonas Mekas a súa sección «Retrospectiva» co obxectivo de achegar ao seu público a súa figura e a súa obra, onde o seu cinema se fai literatura e coa que ofrece unha reflexión sobre a natureza da existencia e da condición humana. As 9 curtametraxes seleccionadas entre a súa filmografía proxectaranse mañá, ás 17.00 horas. Pero antes, sumándose ao Día da Poesía organizado polo Pompidou, realizarase unha lectura dun dos poemas favoritos do poeta e cineasta, A Requiem for the XXth Century. Foi elixido polo seu fillo, Sebastian Mekas, e traducido do inglés ao galego por Adrián Estévez. El será o encargado de lelo ante o público.
Viaxe visual por cinco décadas
Xusto despois comezará a proxección, unha viaxe visual pola obra fílmica de Mekas, entre 1966 e 2011, dende as súas primeiras películas ata as últimas, nas que se combinan momentos cotiás e significativos da vida dende unha perspectiva moi próxima á poesía e ao documental, onde se amosa a relación do artista coa súa entorna e o seu inconformismo. Entre as curtas de Mekas que exhibirá o festival están a emblemática Cassis (1966), que desafía as convencións narrativas ao capturar a vida cotiá nunha secuencia ininterrompida de imaxes, e Mozart Wien&Elvis (2000), con tomas da última actuación de Elvis Presley en Nova York, en 1972, precedidas por outras de Viena que gravou anos antes. Ademais, proxectaranse Notes of the Circus, Hare Krishna e Report from Millbrook (as tres de 1966), Travel songs (unha rodaxe itinerante por Europa entre 1967 e 1981), Quartet #1 (1981), Imperfect Three-Image Films(1995) e Song of Avignon (1998).
A homenaxe complétase co Caderno FICBUEU #5, que aborda a figura do cineasta a través dunha revisión crítica da súa traxectoria e centrándose nas curtas elixidas para a súa retrospectiva. O libro presentarase mañá, ás 11.00 horas, e no acto estará a súa autora, a investigadora, docente e fotógrafa musical Nieves Febrer. A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoiou, un ano máis, a publicación do Caderno FICBUEU, traducido tamén do castelán ao galego por Adrián Estévez.
Mekas, figura cultural e artística clave
Jonas Mekas comezou a explorar a vangarda cinematográfica coa súa cámara de 16mm en 1949, tras chegar dende Lituania a Nova York e logo de ter pasado 10 anos preso nun campo de concentración nazi. Co tempo, acabou desempeñando un papel fundamental no movemento do New American Cinema entre as décadas dos anos 60 e 70 e foi seguido e admirado por outras grandes voces da revolución cultural da época como Jean-Paul Sartre, Andy Warhol, Allen Ginsberg ou Susan Sontag.
Protector infatigable dos cineastas independentes, Mekas avogou sempre pola liberdade de expresión artística cofundando a Film Makers Cooperative, loitando contra a censura e dirixindo a súa mirada cara a emancipación das normas convencionais cinematográficas. Continuou facendo películas experimentais ata que cumpriu 80 anos. Algunhas delas proxectáronse, ademais de en salas de cinema, nalgúns dos museos máis importantes dos Estados Unidos e Europa.
VISITAS DE CINEASTAS E XURADO DO FICBUEU Á ILLA DE ONS
“Descubrindo a Vila de Bueu”, o programa organizado para os convidados do FICBUEU, levou esta mañá a cineastas e membros do xurado do festival a Ons, unha das catro illas que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Realizaron unha ruta de sendeirismo con parada no Centro de Visitantes de Ons, situado no edificio da antiga escola da illa e onde hai unha exposición centrada nos costumes e tradicións dos seus habitantes. Cabe lembrar que é precisamente en Ons onde o FICBUEU realiza a súa Residencia, un proxecto para desenvolver guións de curtas con cineastas que se estreou en 2023 con Isabel Peña -guionista de películas como As Bestas ou El Reino e a serie Antidisturbios- como titora. Este ano celebrarase entre o 16 e o 23 de outubro e estará coordinada por Estibaliz Urresola, directora do filme 20.000 especies de abellas, que gañou tres premios Goya, entre eles os de guión e dirección novel.
Hoxe pola tarde, cineastas e xurados realizarán unha visita guiada ao Museo Massó, instalado nas naves industriais da antiga fábrica de conservas Massó Hermanos, a carón do porto de Bueu. Mañá participarán nunha saída con embarcacións tradicionais organizada coa Asociación Os Galos e, ao seu regreso, participarán nunha comida a base de produtos con denominación de orixe patrocinada pola Consellería do Mar a través da marca pescadeRías.
21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop […]
O filme estoniano «Saab» obtén o Segundo Premio e «Aunqe es de noche» leva o galardón a mellor cinta española A curta británica «If you are happy», de Phoebe Arnstein faise co Premio do Público A película francesa «Intelligence» triunfa na sección «Descubertas», e «pechar caixas, abrir caixas» en «GZ_00» «Il compleanno di Enrico», de Francesco […]
O Festival realizará mañá unha lectura do seu poema “A Requiem for the XXth Century”, elixido polo seu fillo, e dedicará ao artista lituano o seu quinto Caderno e a súa «Retrospectiva», que celebra a súa traxectoria a través de nove das súas películas. 13.09.24. BUEU. Este domingo 15 é o Día da Poesía creado polo Centro […]
Voces do Leste de Europa e de Galicia falan mañá sobre creación cinematográfica no FICBUEU
FICBUEU
A maternidade insatisfeita, a incomunicación, o silencio e a construción da identidade, temáticas dos curtos programados na cuarta sesión da “Sección Oficial”
VOLVE A LUDOTECA FICBUEU PARA QUE NAIS E PAIS DESFRUTEN DA GRAN PANTALLA
Regresa a ludoteca FICBUEU, unha iniciativa desenvolvida en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade que se estreou na pasada edición do festival co obxectivo de facilitar a conciliación familiar, un tema recoñecido no ámbito laboral, pero non tanto cando se trata de lecer e cultura.
Este espazo destinado a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, onde poden xogar e realizar actividades relacionadas co cinema, permite a nais e pais asistir ás sesións da “Sección Oficial” do festival. A ludoteca FICBUEU é un servizo gratuíto e estará aberta ata o venres 13 de 18.30 a 21.30 horas e o sábado 14, de 16.30 a 21.30 horas
11.09.24. BUEU. As voces de dous cineastas e unha actriz cuxas curtametraxes compiten na “Sección Oficial” do Festival Internacional de Cinema de Bueu reuniranse mañá, a partir das 20.30 horas, nun coloquio co público do FICBUEU no que falarán sobre cine. O encontro terá lugar entre as dúas proxeccións programadas (ás 19.00 e ás 21.30 horas) e permitirá aos espectadores do festival coñecer máis sobre as películas e o seu proceso creativo e de produción.
Dous dos convidados de mañá proceden do leste de Europa. Os seus filmes veranse por primeira vez en España no FICBUEU. Trátase de Arnas Balčiūnas, director e guionista de Hablo dėsnis (A lei de Hubble), ficción que establece un paralelismo entre o principio físico ao que fai referencia no seu título -a distancia entre galaxias- e a historia que amosa: o illamento e a incomunicación dun mozo mudo que tenta encaixar cos seus novos compañeiros de traballo na construción sen conseguilo. O realizador estará acompañado no coloquio pola estoniana Maria Valk, actriz de Saab, unha curta dirixida pola artista independente Lisbeth Kala que, a través da viaxe en coche de varias persoas, investiga sobre a estética do aburrimento e sobre un silencio no que tamén é posible escoitar os seus desexos, soños e medos sen necesidade de palabras.
Retrato de persoas trans e non binarias
Balčiūnas e Valk conversarán tamén con Anxos Fazáns, directora galega que presenta no certame Habitar, unha curta documental sobre a construción da identidade a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia que falan con honestidade de como o individuo se enfronta a un mundo no que as estruturas familiares do pasado se derrubaron. Fazáns, autora xa doutras curtas e dunha longametraxe, La estación violenta (2018), adaptación libre dunha novela homónima do xornalista e escritor pontevedrés Manuel Jabois, formou parte do xurado das seccións “GZ_00”, “Descubertas” e “Escolas Internacionais” na pasada edición do FICBUEU.
Unha curta animada e unha comedia dramática
A relación das películas que se proxectarán na sesión de mañá complétana dúas historias arredor da maternidade frustrada. Unha é unha curta de animación, The miracle, distinguida xa en dous dos festivais máis prestixiosos do mundo como son Annecy e Clermont-Ferrand. Esta coprodución de Bélxica, Francia e Países Baixos dirixida por Nienke Deutz preséntanos a unha muller que desexa ter fillos e non atopa o seu lugar nun resort no que só ve embarazadas. Faire un enfant é unha película canadense de comedia dramática, realizada e protagonizada por Éric K. Boulianne, que amosa unha parella que tras moitos anos xuntos decide ter un fillo e debe enfrontarse aos seus problemas de fertilidade ao tempo que tenta manter o seu amor e a súa unidade.
21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop […]
O filme estoniano «Saab» obtén o Segundo Premio e «Aunqe es de noche» leva o galardón a mellor cinta española A curta británica «If you are happy», de Phoebe Arnstein faise co Premio do Público A película francesa «Intelligence» triunfa na sección «Descubertas», e «pechar caixas, abrir caixas» en «GZ_00» «Il compleanno di Enrico», de Francesco […]
O Festival realizará mañá unha lectura do seu poema “A Requiem for the XXth Century”, elixido polo seu fillo, e dedicará ao artista lituano o seu quinto Caderno e a súa «Retrospectiva», que celebra a súa traxectoria a través de nove das súas películas. 13.09.24. BUEU. Este domingo 15 é o Día da Poesía creado polo Centro […]
Curtametraxes de Lituania, Estados Unidos, Brasil, Canadá e España compiten mañá no FICBUEU
FICBUEU
A selección do terceiro día de proxeccións da “Sección Oficial” reúne un filme experimental ambientado en Andorra e outras catro películas que exploran as relacións familiares
CINE CON PERSPECTIVA FEMININA PARA ABRIR A “SECCIÓN OFICIAL”
O cine con perspectiva feminina caracterizou o bloque de filmes co que onte comezou a «Sección Oficial» do Festival Internacional de Cine de Bueu. 4 dos 5 filmes proxectados están dirixidos por mulleres. O público puido ver as películas «Lemon Tree», da estadounidense Rachel Walden; «L’été des chaleurs», da directora canadense Marie-Pier Dupuis; «If you are happy» dirixida pola británica Phoebe Arnstein; e «3 MWH», da creadora checa Marie-Magdalena Kochová. A lista de proxeccións de onte luns complétaa «O frio», obra do galego Pablo Dopazo.
10.09.24. BUEU. O Festival Internacional de Cinema de Bueu alcanza mañá o ecuador da súa «Sección Oficial». O terceiro día de proxeccións reunirá cinco curtametraxes que competirán ata o sábado cos outros 24 en concurso por entrar no palmarés do FICBUEU 2024. Chegan de diferentes latitudes. De Europa, en concreto de Lituania e España, e, do outro lado do Atlántico, dos Estados Unidos, Brasil e Canadá. Exhibiranse ás 19.00 horas e repetirase o pase ás 21.30 horas.
Catro dos curtos deste bloque que se mostrará en proxeccións separadas ás 19:00 h e ás 21:30 h coinciden na súa proposta temática: exploran as relacións familiares, aínda que desde diferentes perspectivas e en distintas épocas.
Obraza (Resentimento) é obra do director lituano Gleb Osatinski. Estivo nomeada na Berlinale e o certame de Bueu foi o elixido para a súa estrea en España. Ambientada na Ucraína soviética dos anos 90, presenta durante media hora a Yasha, un adolescente de 17 anos que se rebela contra a autoridade e cre que poderá emigrar coa súa familia a Nova York: cando seu pai se opón, emprende unha viaxe que o conducirá a un dano irreparable.
Unha obra de animación e unha viaxe en pleno conflito bélico
Do xénero animado é Un trou dans la poitrine (Un burato no peito), de Alexandra Myotte e Jean-Sébastien Hamel, un dúo de guionistas e directores afincados en Montreal. Esta peza multipremiada de once minutos conta a historia de dous irmáns abandonados á súa sorte, Zoé e Théo, que deben afrontar os problemas da súa relación nun abafante día de verán. Julia Elihu, escritora e directora iraní-estadounidense cuxo traballo abarca o panorama narrativo, documental e comercial (creou pezas para clientes como Nike ou Amazon), asinaIn the garden of tulips (No xardín dos tulipáns), a última viaxe en coche dunha moza co seu pai pola campiña iraniana en plena guerra do seu país con Iraq. De novo, o FICBUEU acolle a súa estrea en España. Pola súa banda, Ruído da pele, ficción rodada polo brasileiro Gustavo Milan, aborda a relación íntima entre unha nai e o seu fillo de 12 anos e como chega ao seu fin cando o neno experimenta o seu primeiro espertar sexual.
Unha película sobre outra película
Só Frialdad se sae en certo modo do guion temático deste bloque de proxeccións. Non hai familia protagonista neste primeiro curto da directora española Andrea Sánchez. É unha película experimental sobre un filme de terror de serie B de dous directores andorranos que nunca chegou a estrearse e sobre como, invocando ensaio tras ensaio ese filme maldito, Andorra convértese en escenario doutra película de medo da que nin os seus habitantes poden escapar.
Coloquio con cineastas
Andrea Sánchez será precisamente unha das cineastas convidadas para manter unha conversa mañá cos espectadores do FICBUEU. No coloquio co público, tamén participará o director de Obraza. Será ás 20.30 horas, entre os dous pases das películas.
21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop […]
O filme estoniano «Saab» obtén o Segundo Premio e «Aunqe es de noche» leva o galardón a mellor cinta española A curta británica «If you are happy», de Phoebe Arnstein faise co Premio do Público A película francesa «Intelligence» triunfa na sección «Descubertas», e «pechar caixas, abrir caixas» en «GZ_00» «Il compleanno di Enrico», de Francesco […]
O Festival realizará mañá unha lectura do seu poema “A Requiem for the XXth Century”, elixido polo seu fillo, e dedicará ao artista lituano o seu quinto Caderno e a súa «Retrospectiva», que celebra a súa traxectoria a través de nove das súas películas. 13.09.24. BUEU. Este domingo 15 é o Día da Poesía creado polo Centro […]
O FICBUEU pon o foco mañá no impacto do contexto político na historia do cine
FICBUEU
Encontros con profesionais do sector audiovisual achegarán ao público do Festival o papel das películas como ferramenta de propaganda ou reflexo da sociedade de cada época
O FICBUEU recuperará unha das películas menos coñecidas do realizador Francis Ford Coppola, The Conversation, para pechar o programa das «III Xornadas Cinematográficas». Estreado en 1974, e con Gene Hackman no papel protagonista, o filme é un thriller sobre escóitalas como método de espionaxe, reflexo do clima social e político de EE.UU. nos anos 70 e do escándalo do Watergate. A proxección terá lugar no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu a partir das 21.00 horas.
06.09.24. BUEU. As películas son fillas do seu tempo. Este é o punto de partida das «III Xornadas Cinematográficas», un espazo de reflexión e pensamento sobre cinema creado polo FICBUEU que se celebrará mañá sábado. Este ano o tema vira ao redor da relación bidireccional entre política e cinema e o impacto e influencia do contexto histórico e o seu reflexo na sétima arte. Para analizalo, cineastas, ensaístas e profesionais de diferentes oficios do sector audiovisual participarán durante todo o día en diversos encontros co público do Festival Internacional de Cinema de Bueu.
As xornadas arrincarán ás 11.00 horas con Se realista: fai ou imposible!, clase maxistral de Camil Ungureanu, profesor de Filosofía política da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, quen toma prestado para o seu título uno das lemas do movemento estudantil dos anos 60 do século pasado e acuñado polo filósofo Ernst Bloch. Ungureanu profundará nas ondas contestatarias e de profunda transformación social, política e artística da época para mostrar como o cinema se converteu nunha das máximas expresións de liberdade. O filme Easy Rider, de Dennis Hopper, é un claro exemplo.
A continuación (12.30 horas), as críticas Daniela Urzola e Belit Lago manterán un diálogo que denominaron Trauma y Reconstrucción para abordar o Holocausto e a Segunda Guerra Mundial, o acontecemento histórico e político máis representado na gran pantalla. Farano a través dun percorrido por diferentes cinematografías e grandes filmes marcados pola memoria, a desolación e o esforzo da reconstrución posterior ao horror.
Mesa redonda online e encontro con Jaime Rosales
Ese mesmo sábado, xa pola tarde (17.00 horas), haberá unha mesa redonda virtual na que Jesús Callejo, Guillermo Díaz e Pepa Llausás, membros do equipo do pódcast «La escóbula de la brújula» (un dos máis relevantes do país sobre historia e cultura), falarán sobre o período de entreguerras e o papel do cinema como ferramenta de propaganda e dominación, así como de crítica e liberdade creativa. Examinarán o cinema soviético e a Revolución Rusa, o expresionismo alemán e o totalitarismo nazi e como a Gran Depresión (1929-1939) reflectiuse no cinema global.
Despois, a partir das 19.00 horas, será a quenda dun dos grandes realizadores que participan este ano no FICBUEU. Jaime Rosales manterá un conversatorio co crítico de cinema Xavier Montoriol. O director de, entre outras películas, Petra y Girasoles silvestres analizará a maneira na que cuestións como o triunfo da distopía, os efectos da tecnoloxía ou a emerxencia climática han deixado o seu sinal no cinema dos últimos 25 anos.
21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop […]
O filme estoniano «Saab» obtén o Segundo Premio e «Aunqe es de noche» leva o galardón a mellor cinta española A curta británica «If you are happy», de Phoebe Arnstein faise co Premio do Público A película francesa «Intelligence» triunfa na sección «Descubertas», e «pechar caixas, abrir caixas» en «GZ_00» «Il compleanno di Enrico», de Francesco […]
O Festival realizará mañá unha lectura do seu poema “A Requiem for the XXth Century”, elixido polo seu fillo, e dedicará ao artista lituano o seu quinto Caderno e a súa «Retrospectiva», que celebra a súa traxectoria a través de nove das súas películas. 13.09.24. BUEU. Este domingo 15 é o Día da Poesía creado polo Centro […]
Comeza a décimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu
FICBUEU
As relacións entre cinema e política, a película «The Conversation». de Coppola, na gran pantalla, a sección oficial ou a competición entre as curtas de novas autoras e autores galegos, entre as actividades programadas
05.09.24. BUEU. O FICUEU comeza mañá venres coas estre das curtas co-producidas a Asociación FICBUEU, a elaboración de la alfombra floral por la Asociación Cunchas e Flores e o concerto do grupo indie sevillano Sr. Chinarro.
Unha das curtamentraxes é Millonetis, realizada en colaboración coa Fundación Igualarte no marco dos obradoiros da Área Social FICBUEU. Na curta o alumnado fai unha crítica aos desafiuzamentos, un dos males da sociedade actual. A outra curta é o documental A Roiba. Un refuxio en Beluso, dirixida por Jaime Olmedo e na que poderemos descubrir as peculiaridades da obra do arquitecto Ramón Vázquez Molezún en Bueu.
O FICBUEU chega, un ano máis, cunha ampla proposta de proxeccións e actividades arredor do cinema. Cales son? A información está debaixo destas liñas…
6 cousas que debes saber sobre a 17ª edición do Festival
Conecta cine e política. O FICBUEU é tamén pensamento, ideas e análises. Por iso é polo que a palabra, o diálogo, a divulgación de coñecemento sobre cinema, teñan un lugar destacado no Festival. A xornada do sábado 7 adícase ás III Xornadas Cinematográficas, que este ano reflexionarán sobre cómo impacta no cinema o contexto político no que se fai.O público poderá partipar nunha clase maxistral de Camil Ungureanu, profesor de Filosofía política da Univesitat Pompeu Fabra de Barcelona, na conversación que manterán as críticas Daniela Urzola e Belit Lago; na mesa redonda virtual de parte do equipo do pódcast «La escóbula de la brújula» e nun encontro co cineasta Jaime Rosales (Petra, Girasoles silvestres, La soledad) e o crítico Xavier Montoriol.
Recupera ao lexendario Coppola para a gran pantalla. O broche ao programa das xornadas cinematográficas do sábado 7 poñerao unha longametraxe, o único que se proxectará no FICBUEU (21.00 horas). Trátase de The conversation, unha «xoia» escrita, producida e dirixida por Francis Ford Coppola e protagonizada por Gene Hackman e John Cazale. Un thriller intelixente e cheo de trampas sobre un detective especialista en vixilancia e escoitas, a espionaxe a persoas e a responsabilidade na intrusión tecnolóxica. A película estreouse en 1974, entre O Padriño e O Padriño II, pero non pasou inadvertida: estivo nomeada nos Óscar e gañou a Palma de Ouro en Cannes. Unha oportunidade única para ver un clásico na gran pantalla.
Pon o foco no talento emerxente más próximo.Faino co sección «GZ_00», creada na pasada edición para difundir o traballo dos novos talentos cinematográficos de Galicia e achegalo ao público xeral. Os curtos seleccionados son catro, todos do xénero documental. As proxeccións serán o domingo 8, a partir das 18.30 horas. Desde as 20 horas, as tres directoras e o director dos filmes a concurso falarán co público das súas respectivas obras.
Descubre figuras clave da historia do cinema. É o caso de Jonas Mekas (1922-2019), cineasta experimental e axitador cultural de orixe lituana, admirado por figuras como Warhol ou Sartre e considerado como o pai do cinema de vangarda estadounidense. O certame dedícalle este ano o seu Caderno FICBUEU#5 e a sección «Retrospectiva», cunha selección dos seus curtos máis innovadores e interesantes. Será o sábado 14.
Recoñece aos mellores profesionales de Galicia. A actriz viguesa María Vázquez ten unha traxectoria de máis de vinte anos de interpretación en Galicia e a nivel nacional, tanto en cinema como en televisión. Desde a súa aparición na serie xuvenil Al salis de clase ata a máis recente de Fariña e en películas como Silencio roto (Montxo Armendáriz), Mataharis (Icíar Bollaín), Quien a hierro mata (Paco Praza) ou Matria (Álvaro Gago). O festival entregaralle o sábado 14 o Premio Cinema Galego FICBUEU.
Promove a solidariedade, a inclusión e a conciliación. Con iniciativas como a Ludoteca FICBUEU, posta en marcha en 2023 en colaboración coa Xunta para fomentar a conciliación familiar. Este espazo de lecer para nenas e nenos maiores de 3 anos é gratuíto e estará aberto desde o luns 9 ao venres 13 en horario de 18.30 a 21.30, e o sábado 14, de 16.30 a 21.30. Continúa tamén nesta edición a campaña de recollida de produtos de xestión menstrual para visibilizar a pobreza relacionada coa menstruación, que afecta millóns de mulleres en todo o mundo. Para iso, en colaboración co Banco de Alimentos FESBAL, haberá caixas nas que se poderán depositar tampones, compresas ou copas menstruales para a súa distribución entre distintas entidades locais. A iniciativa xurdiu do propio público do festival, que en 2022 outorgou o seu premio a Spotless, un curto sobre esta temática da directora holandesa Emma Branderhorst.
21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop […]
O filme estoniano «Saab» obtén o Segundo Premio e «Aunqe es de noche» leva o galardón a mellor cinta española A curta británica «If you are happy», de Phoebe Arnstein faise co Premio do Público A película francesa «Intelligence» triunfa na sección «Descubertas», e «pechar caixas, abrir caixas» en «GZ_00» «Il compleanno di Enrico», de Francesco […]
O Festival realizará mañá unha lectura do seu poema “A Requiem for the XXth Century”, elixido polo seu fillo, e dedicará ao artista lituano o seu quinto Caderno e a súa «Retrospectiva», que celebra a súa traxectoria a través de nove das súas películas. 13.09.24. BUEU. Este domingo 15 é o Día da Poesía creado polo Centro […]
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Strictly Necessary Cookies
Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.