Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility 6 cousas sobre a 17ª edición do FICBUEU

Novas do festival

← Volver

Comeza a décimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu

FICBUEU

As relacións entre cinema e política, a película «The Conversation». de Coppola, na gran pantalla, a sección oficial ou a competición entre as curtas de novas autoras e autores galegos, entre as actividades programadas

05.09.24. BUEU. O FICUEU comeza mañá venres coas estre das curtas co-producidas a Asociación FICBUEU, a elaboración de la alfombra floral por la Asociación Cunchas e Flores e o concerto do grupo indie sevillano Sr. Chinarro.

Unha das curtamentraxes é Millonetis, realizada en colaboración coa Fundación Igualarte no marco dos obradoiros da Área Social FICBUEU. Na curta o alumnado fai unha crítica aos desafiuzamentos, un dos males da sociedade actual. A outra curta é o documental A Roiba. Un refuxio en Beluso, dirixida por Jaime Olmedo e na que poderemos descubrir as peculiaridades da obra do arquitecto Ramón Vázquez Molezún en Bueu.

O FICBUEU chega, un ano máis, cunha ampla proposta de proxeccións e actividades arredor do cinema. Cales son? A información está debaixo destas liñas…

6 cousas que debes saber sobre a 17ª edición do Festival

  1. Conecta cine e política. O FICBUEU é tamén pensamento, ideas e análises. Por iso é polo que a palabra, o diálogo, a divulgación de coñecemento sobre cinema, teñan un lugar destacado no Festival. A xornada do sábado 7 adícase ás III Xornadas Cinematográficas, que este ano reflexionarán sobre cómo impacta no cinema o contexto político no que se fai.O público poderá partipar nunha clase maxistral de Camil Ungureanu, profesor de Filosofía política da Univesitat Pompeu Fabra de Barcelona, na conversación que manterán as críticas Daniela Urzola e Belit Lago; na mesa redonda virtual de parte do equipo do pódcast «La escóbula de la brújula» e nun encontro co cineasta Jaime Rosales (Petra, Girasoles silvestres, La soledad) e o crítico Xavier Montoriol
  2. Recupera ao lexendario Coppola para a gran pantalla.  O broche ao programa das xornadas cinematográficas do sábado 7 poñerao unha longametraxe, o único que se proxectará no FICBUEU (21.00 horas). Trátase de The conversation, unha «xoia» escrita, producida e dirixida por Francis Ford Coppola e protagonizada por Gene Hackman e John Cazale. Un thriller intelixente e cheo de trampas sobre un detective especialista en vixilancia e escoitas, a espionaxe a persoas e a responsabilidade na intrusión tecnolóxica. A película estreouse en 1974, entre O Padriño e O Padriño II, pero non pasou inadvertida: estivo nomeada nos Óscar e gañou a Palma de Ouro en Cannes. Unha oportunidade única para ver un clásico na gran pantalla. 
  3. Pon o foco no talento emerxente más próximo.Faino co sección «GZ_00», creada na pasada edición para difundir o traballo dos novos talentos cinematográficos de Galicia e achegalo ao público xeral. Os curtos seleccionados son catro, todos do xénero documental. As proxeccións serán o domingo 8, a partir das 18.30 horas. Desde as 20 horas, as tres directoras e o director dos filmes a concurso falarán co público das súas respectivas obras.
  4. Descubre figuras clave da historia do cinema. É o caso de Jonas Mekas (1922-2019), cineasta experimental e axitador cultural de orixe lituana, admirado por figuras como Warhol ou Sartre e considerado como o pai do cinema de vangarda estadounidense. O certame dedícalle este ano o seu Caderno FICBUEU#5 e a sección «Retrospectiva», cunha selección dos seus curtos máis innovadores e interesantes. Será o sábado 14. 
  5. Recoñece aos mellores profesionales de Galicia. A actriz viguesa María Vázquez ten unha traxectoria de máis de vinte anos de interpretación en Galicia e a nivel nacional, tanto en cinema como en televisión. Desde a súa aparición na serie xuvenil Al salis de clase ata a máis recente de Fariña e en películas como Silencio roto (Montxo Armendáriz), Mataharis (Icíar Bollaín), Quien a hierro mata (Paco Praza) ou Matria (Álvaro Gago). O festival entregaralle o sábado 14 o Premio Cinema Galego FICBUEU.
  6. Promove a solidariedade, a inclusión e a conciliación. Con iniciativas como a Ludoteca FICBUEU, posta en marcha en 2023 en colaboración coa Xunta para fomentar a conciliación familiar. Este espazo de lecer para nenas e nenos maiores de 3 anos é gratuíto e estará aberto desde o luns 9 ao venres 13 en horario de 18.30 a 21.30, e o sábado 14, de 16.30 a 21.30. Continúa tamén nesta edición a campaña de recollida de produtos de xestión menstrual para visibilizar a pobreza relacionada coa menstruación, que afecta millóns de mulleres en todo o mundo. Para iso, en colaboración co Banco de Alimentos FESBAL, haberá caixas nas que se poderán depositar tampones, compresas ou copas menstruales para a súa distribución entre distintas entidades locais. A iniciativa xurdiu do propio público do festival, que en 2022 outorgou o seu premio a Spotless, un curto sobre esta temática da directora holandesa Emma Branderhorst.
  • O FICBUEU pon o foco mañá no impacto do contexto político na historia do cine

    Encontros con profesionais do sector audiovisual achegarán ao público do Festival o papel das películas como ferramenta de propaganda ou reflexo da sociedade de cada época O FICBUEU recuperará unha das películas menos coñecidas do realizador Francis Ford Coppola, The Conversation, para pechar o programa das «III Xornadas Cinematográficas». Estreado en 1974, e con Gene […]

    2024-09-06
  • Comeza a décimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu

    As relacións entre cinema e política, a película «The Conversation». de Coppola, na gran pantalla, a sección oficial ou a competición entre as curtas de novas autoras e autores galegos, entre as actividades programadas 05.09.24. BUEU. O FICUEU comeza mañá venres coas estre das curtas co-producidas a Asociación FICBUEU, a elaboración de la alfombra floral por la Asociación Cunchas […]

    2024-09-05
  • O cartel da XVII edición do FICBUEU suma 15 estreas internacionais e unha completa programación de actividades

    O festival arrincará o vindeiro venres coa proxección dos curtos da Asociación FICBUEU, a creación dunha alfombra floral e o concerto do grupo indie Sr. Chinarro 30.08.24. BUEU. A piques de cumprir a maioría de idade (este ano chega á súa décimo séptima edición), o Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBUEU, preparou un completo programa […]

    2024-08-30
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content