A infancia desfruta do cinema coas actividades do Minific do FICBUEU

  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu clausura a súa décima sétima edición coa xornada dedicada a nenas e nenos
  • Un obradoiro de `stop motion’, un concerto de Dani Barreiro and Kids, e unha sesión de proxección de curtas para público familiar, programación especial para os máis pequenos nunha xornada que comezou coa Gala Escolas Galegas

21.09.24. BUEU. A décima sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu baixou o pano este sábado. Con películas, claro. As do Minific, o programa de actividades dedicadas cada ano á infancia. A sesión de curtas para público familiar, programada para as 18:30 horas, foi a última das actividades do XVII FICBUEU. Antes, nenas e nenos puideron participar nun obradoiro de stop motion. E bailar e divertirse coa música de Dani Barreiro and Kids. A xornada comezou coa Gala Escolas Galegas, dedicada aos equipos responsables das curtametraxes feitas dende centros de ensino e que participaron, e competiron, no festival.

O FICBUEU ten entre os seus obxectivos promover a cultura dende o cinema, e o mesmo que traballa para pular e difundir a creatividade e a produción cinematográfica na súa entorna, quere axudar á construción de novos públicos. Tamén na infancia.  

E o público infantil respondeu do mesmo xeito que o fixera o público adulto entre o 6 e o 15 de setembro, durante as proxeccións e actividades programadas arredor da «Sección Oficial» do certame: asistiron masivamente, incrementando sensiblemente a participación con respecto ao ano pasado e apenas deixando butacas libres para desfrutar das películas no Centro Social do Mar. 

A cerimonia de entrega dos galardóns ás curtametraxes gañadoras da Sección Escolas Galegas serviu para inaugurar, ás 11 horas, a última xornada do FICBUEU. Estivo conducida pola escritora e editora Olalla González, e contou coa participación do artista plástico Marc Taeger: encargouse do soporte visual do acto facendo debuxo e animación ao vivo.

Logo chegarían o obradoiro, o concerto, e as proxeccións. E despois baixou o pano da edición 2024 do Festival Internacional de Cinema de Bueu. O equipo do FICBUEU traballa xa na vindeira edición do certame. A número dezaoito. A da maioría de idade.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.