ÁBRESE A CONVOCATORIA PARA ESCOLAS E FACULTADES NO FICBUEU 2025

Bueu, 15/05/2025 – O FICBUEU abre a convocatoria para a Sección Escolas da súa 18ª edición. Esta sección está dedicada ao traballo audiovisual desenvolvido en centros de ensino, facultades e escolas de formación, e conta cun espazo propio dentro do certame desde hai varios anos.

A Sección Escolas conta con tres categorías competitivas: Educación Especial, Infantil e Primaria e Educación Secundaria (ambas para os centros galegos) e Facultades e Escolas de Cinema Galegas.

As bases da convocatoria e o formulario de inscrición das curtametraxes están dispoñibles en www.ficbueu.com/minific, páxina que permanecerá aberta ata o 30 de xuño, data de peche da convocatoria.

Poderán inscribirse todas as obras audiovisuais realizadas nos cursos 2023/2024 e 2024/2025 que non participaran en edicións anteriores. A convocatoria está aberta a centros de ensino, facultades e escolas de formación audiovisual con sede en Galicia.

As obras seleccionadas anunciaranse en agosto de 2025 e poderán optar aos seguintes premios:

  • Mellor Curtametraxe de Educación Especial, Infantil e Primaria: Trofeo e formación audiovisual.
  • Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria: Trofeo e formación audiovisual.
  • Mellor Curtametraxe de Escolas de Imaxe e Son e Facultades Galegas: Trofeo e formación audiovisual.

As curtas gañadoras daranse a coñecer durante a Gala Escolas Galegas FICBUEU 2025, que se celebrará en setembro, no marco da semana do MiniFIC, en colaboración con Kalandraka e a Fundación Novas.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.