Ábrese o prazo de inscrición para o #FICBUEU2022

A decimoquinta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, organizado pola Asociación FICBUEU, abre este xoves 23 de decembro de 2021 o prazo de inscrición para as curtametraxes, que permanecerá aberto ata o 23 de abril de 2022.

A participación está dispoñible para todas as obras estreadas a partir do 1 de xaneiro do 2021, podendo concorrer creadores/as de calquera nacionalidade sempre e cando teñan cumprido 18 anos de idade. Así mesmo, poderán presentarse obras de calquera xénero, cunha duración máxima de 30 minutos.

As inscricións faranse exclusivamente a través da plataforma ShortFilmDepot e terán un custo de 2 euros, alén dos gastos de xestión da propia plataforma.

Entre todas as curtametraxes presentadas, o comité seleccionador confeccionará as habituais seccións que formarán a programación do FICBUEU 2022, e que poderán optar aos diferentes premios, valorados nun total de 5.550 euros.

As bases poden consultarse tanto na pestana de información así coma na plataforma ShortFilmDepot.

En canto á Sección Escolas Galegas terá o seu propio reglamento que será publicado ao longo do do mes de maio.

O FICBUEU 2022 acollerá un ano máis o mellor da produción mundial de curtametraxes, achegando á vila de Bueu unha panorámica completa do último ano. Ademais, celebrará o seu decimoquinto aniversario con novidades importantes na súa programación que se irán desvelando ao longo dos próximos meses.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.