Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility ACTO INAUGURAL • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU | 11__24 SETEMBRO 2022

Actividades

← Volver
ACTO INAUGURAL

ACTO INAUGURAL

DOMINGO 11 ÁS 19:00 H. / CENTRO SOCIAL DO MAR

As curtametraxes realizadas na Área Social FICBUEU durante o curso 2021/2022 serán as protagonistas desta primeira xornada do Festival Internacional de Cinema de Bueu coa que daremos comezo á programación da décimo quinta edición.

Durante este acto darase a coñecer a grella de actividades do FICBUEU 2022 e realizarase a presentación das curtas feitas nos obradoiros ao longo do curso, en colaboración coas asociacións Érguete de Vigo e Juan XXIII de Cangas. As creadoras e creadores dos filmes asistirán ao acto para presentar as pezas e gozar da súa estrea en pantalla grande.

Os dous filmes que se presentarán son:

  • A fin do osíxeno
  • Sabía que vendrías