FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
CASPERVEK: AS ORIXES DO CINEMA

CASPERVEK: AS ORIXES DO CINEMA

DOMINGO 19 ÁS 13:00 HORAS / CENTRO SOCIAL DO MAR

Obradoiro para público familiar no que poderemos descubrir como era o cinema nos seus inicios: as curtametraxes, as salas de cinema e a importancia da música no cine mudo. O obradoiro contará con proxeccións e música en directo a través das cales Caspervek nos descubrirá aos principais directores, como eran os debuxos animados da época ou o abraiante mundo dos efectos visuais empregados polos pioneiros do cinema. Unha oportunidade para achegarnos ás orixes do audiovisual nunha viaxe pedagóxica e musical.

Caspervek é unha formación musical que aposta pola fusión entre cinema e música. Dende as súas orixes en 2013 ten composto e interpretado bandas sonoras en directo sobre proxeccións de filmes clásicos e realizado espectáculos pedagóxicos.