

CINEMA E RADIO: CAFÉ DERBY 21
LUNS 11 ÁS 18:00 H / PUNTO DE ENCONTROEste podcast conversacional está presentado e realizado polos xornalistas Adrián Lede, Carme D. Prol e Nico Carreira. Realizado en colaboración coa revista Vinte, Café Derby 21 leva tres tempadas convidando a personalidades relevantes do panorama actual galego.
Dende a terceira tempada apostaron polo formato en directo, realizando os programas dende festivais ou bares. O luns 11 ás 18:00H o Café Derby 21 gravará o episodio con asistencia de público ao vivo; no que falarán sobre as novas e novos cineastas galegas presentes nesta edición do FICBUEU.