CLASE MAXISTRAL. SÉ REALISTA: FAI O IMPOSIBLE! CAMIL UNGUREANU
SÁBADO 7 ÁS 11:00H. SALA MULTIUSOSNesta clase maxistral Camil Ungureanu afondará nas ondas contestatarias que xurdiron nos anos 60 e 70 do pasado século. Demostrará como ao longo destas dúas décadas de forte transformación social, política e artística, o cinema converteuse nunha das máximas expresións de liberdade.
Camil Ungureanu é profesor de filosofía e coordinador do Máster en filosofía política na Universidade Pompeu Fabra. As súas investigacións ocúpanse da filosofía política contemporánea, especialmente da teoría crítica, a relixión e o dereito, sendo tamén autor de numerosos artigos e libros.