Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility COLOQUIOS CON CINEASTAS • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Actividades

← Volver
COLOQUIOS CON CINEASTAS

COLOQUIOS CON CINEASTAS

DO LUNS 12 AO SÁBADO 17 / PUNTO DE ENCONTRO

Cada día ás 20:30 horas, despois da primeira sesión da Sección Oficial, realizaremos un coloquio coas directoras e directores das curtametraxes internacionais proxectadas na xornada. Ademais, o sábado 17 ás 18:30 horas e ás 20:30 horas, contaremos coa presenza das e dos cineastas nacionais para conversar sobre os seus filmes.

Durante estes encontros o público asistente poderá escoitar as autoras e autores dos filmes charlar sobre os procesos creativos, así como facerlles chegar as súas propias cuestións co fin de afondar nas curtametraxes dende o punto de vista da creación cinematográfica.