FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
MERGULLADE: ATAQUE ESCAMPE

MERGULLADE: ATAQUE ESCAMPE

SÁBADO 11 ÁS 12:30 HORAS / EXTERIORES DO CENTRO SOCIAL DO MAR

A primeira sesión vermú do ciclo de concertos Mergullade virá da man do grupo compostelán Ataque Escampe durante o mediodía do sábado 11 nos exteriores do Centro Social do Mar.A formación galega, que inicia a súa andanza no 2001 e conta xa con 8 álbums ás súas costas, vai electrificándose co paso dos anos e mudando compoñentes do grupo pero mantendo a súa esencia. Musicalmente pasan do pop ao soul con paradas no krautrock, na cumbia, no dub e ata no rap. Neste concerto presentarán o seu último LP, A Alma, publicado no pasado 2019.