FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
MERGULLADE: DOBRE EXTRA! PACO NOGUEIRAS E MARC TAEGER

MERGULLADE: DOBRE EXTRA! PACO NOGUEIRAS E MARC TAEGER

DOMINGO 19 ÁS 17:00H / EXTERIORES DO CENTRO SOCIAL DO MAR

Na última xornada do FICBUEU contaremos, dentro do Ciclo Mergullade, coa presenza de Paco Nogueiras e Marc Taeger para levar a cabo un espectáculo musical para toda a familia.

Logo de Radio Bulebule e de Brinca vai! Paco Nogueiras achéganos Extra!,  un libro-disco ilustrado por Marc Taeger que conta 12 cancións inspiradas nos medios de comunicación, e que contou ademais con videoclips rodados en Bueu.

Neste espectáculo, Paco Nogueiras, cos seus característicos lentes e co inseparable chapeu azul, converterase a través da música en repartidor e lector de xornais, ao tempo que Marc Tager realizará as ilustracións das cancións ao vivo.