

CONCERTO: MALANDRÓMEDA
SÁBADO 16 ÁS 12:30 H / EXTERIORES DO CENTRO SOCIAL DO MARA sesión vermú desta edición virá da man de Malandrómeda, que acompañará coa súa música o mediodía do sábado 16 nos exteriores do centro social do mar.
Malandrómeda defínese como un grupo de rap compostelano atemporal e bastardo. Vén de sacar 4 EPs nos últimos tempos, unha obra conxunta dividida en catro episodios cunha estética diferente en cada un deles, pero nas líricas todos xirando arredor da idea da introdución dos lagares na Galiza polos romanos no século II a.C.