FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
MERGULLADE: MARCELO DOBODE

MERGULLADE: MARCELO DOBODE

SÁBADO 18 ÁS 12:30 HORAS / EXTERIORES DO CENTRO SOCIAL DO MAR

No segundo fin de semana do FICBUEU o público poderá gozar dunha nova sesión vermú do programa Mergullade nos exteriores do Centro Social do Mar, que correrá a cargo do músico pontevedrés Marcelo DoBode.

Turoqua, o seu primeiro proxecto en solitario, traspasa as fronteiras da tradición para elevar novas melodías á vangarda da música. Para a realización deste traballo, DoBode rodeouse de recoñecidos músicos da nova escena galega como Adrián Saavedra (arranxista e produtor, teclados), Félix Rodríguez (percusión) Ramón Orencio-Mon (guitarras) ou Xacobo Prieto (baixo).