Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility CONCERTO MINIFIC: A RAMONA PEQUENA, PAKOLAS • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Actividades

← Volver
CONCERTO MINIFIC: A RAMONA PEQUENA, PAKOLAS

CONCERTO MINIFIC: A RAMONA PEQUENA, PAKOLAS

SÁBADO 23 ÁS 17:00 H / EXTERIORES DO CENTRO SOCIAL DO MAR

A Ramona pequena conta e canta a historia de cando Ramona viaxa nunha máquina do tempo á súa infancia, no ano 1967 no Courel. No pasado, con tan só seis anos, Ramona comeza a ler libros de Xulio Verne e descobre fascinada o que é a lúa. A través de cancións rockeiras e coa axuda de personaxes como a profe Lupe ou a súa amiga Nora, Ramona irá aprendendo máis e máis sobre a lúa que tanto lle interesa.

Pakolas leva cantando, tocando e compoñendo para o público cativo dende hai máis de 16 anos. Formou parte de bandas como Mamá Cabra e A Gramola Gominola. A súa carreira en solitario comezou en 2015 e ten publicados xa tres libros-cd: Pakolas, Ramona Órbita, a dona do tempo e A Ramona pequena vai á lúa


O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content