Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility CONCERTO MINIFIC: CONSERTASSO NA HORTA • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU | 11__24 SETEMBRO 2022

Actividades

← Volver
CONCERTO MINIFIC: CONSERTASSO NA HORTA

CONCERTO MINIFIC: CONSERTASSO NA HORTA

VENRES 23 ÁS 17:00 H. / EXTERIORES DO CENTRO SOCIAL DO MAR.

A actividade musical dedicada a público infantil virá da man de Brais das Hortas e o seu Consertasso na Horta. Neste espectáculo o músico interpretará a diversos personaxes que nos farán pasar da música tradicional ao electrónico, do punk ao chill-out e ata do trap ás regueifas. O espectáculo amosa un retrato irónico da nosa sociedade adaptado para todos os públicos, cunha fonda dose de esperanza no cambio sostible das xeracións futuras.

Brais das Hortas leva máis de 20 anos dedicándose á musica e ten formado parte de bandas como Mamá Cabra, Sons Miúdos, Banda Fura Fura, e colaborado con outras e outros artistas como Ataque Escampe, Sofía Espiñeira ou Peter Punk Pallaso.