Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Conversa: o tempo e o cinema. Andrea Morán e Daniela Urzola • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU | 11__24 SETEMBRO 2022

Actividades

← Volver
Conversa: o tempo e o cinema. Andrea Morán e Daniela Urzola

Conversa: o tempo e o cinema. Andrea Morán e Daniela Urzola

SÁBADO 24 ÁS 12:30 H. / SALA MULTIUSOS DO CENTRO SOCIAL DO MAR

Encontro no que estas dúas profesionais da crítica cinematográfica se achegarán á obra de diferentes cineastas cunha especial sensibilidade no tratamento do tempo no cinema.

Andrea Morán é programadora de Filmadrid e parte do consello de redacción de Caimán, Cuadernos de Cine. Dirixiu as curtametraxes Espina. Historia de un regalo fallido, Norah e Yo siempre puedo dormir pero hoy no puedo. 

Daniela Urzola é crítica de cine. Graduada en Dereito pola Universidade de Cartagena (Colombia) e en Historia do Arte pola Universidade dos Andes. En 2020 cursa o Máster de Crítica Cinematográfica da ECAM. Actualmente colabora en  Caimán Cuadernos de Cine e é membro do Consello de Redacción da Revista Mutacións.