Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility CONVERSA. TRAUMA E RECONSTRUCCIÓN. BELIT LAGO E DANIELA URZOLA • FICBUEU

Actividades

← Volver
CONVERSA. TRAUMA E RECONSTRUCCIÓN. BELIT LAGO E DANIELA URZOLA

CONVERSA. TRAUMA E RECONSTRUCCIÓN. BELIT LAGO E DANIELA URZOLA

SÁBADO 7 ÁS 12:30H. SALA MULTIUSOS

Encontro en forma de conversa no que estas dúas profesionais se achegarán ao trauma e á memoria tras o Holocausto e a Segunda Guerra Mundial, o acontecemento histórico e político máis representado no cinema. Belit Lago e Daniela Urzola farán un percorrido por diferentes cinematografías que deron lugar a grandes filmes marcados pola radical desolación e o esforzo de reconstrución desde o período de posguerra.

Belit Lago é crítica de cinema e programadora do Most, Festival Internacional de Cine del Vino. Graduada en Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Girona, cursou estudos de Crítica e Historia do Cine na Casa do Cine e na ECIB, Escuela de cine e animación de Barcelona. Tamén forma parte do proxecto Contrazines Feministes, un club de lectura creativo onde se recuperan textos de teóricas do cine con perspectiva de xénero.

Daniela Urzola é crítica de cinema, programadora e investigadora. Redactora da revista Caimán Cuadernos de Cine. Cursou o mestrado de Crítica Cinematográfica na ECAM e actualmente forma parte do equipo docente. É integrante do Consello de Redacción da Revista Mutaciones e do equipo de programación de Filmadrid.


O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.