FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
ENCONTRO CON ALFONSO AGRA

ENCONTRO CON ALFONSO AGRA

SÁBADO 18 ÁS 11:00 HORAS / PUNTO DE ENCONTRO

En recoñecemento á longa e destacada traxectoria do actor Alfonso Agra, o FICBUEU adicaralle o Premio Cinema Galego desta edición. Acompañando á entrega deste galardón organizaremos un encontro aberto ao público que consistirá nunha entrevista en profundidade conducida por Gaspar Broullón na que afondaremos no percorrido profesional do actor galego.

Alfonso Agra comeza a súa carreira como intérprete nos anos oitenta no ámbito do teatro, dentro da mítica compañía viguesa Artello. A partir deste momento a súa traxectoria foise ampliando, tendo traballado en numerosas producións cinematográficas así como en series tanto para a TVG como para outras cadeas e plataformas: Entre bateas, Serramoura, Fariña, El desorden que dejas, entre outras.