ENCONTRO CON ANXOS FAZÁNS

MÉRCORES 10 ÁS 17:30H. SALA AMALIA DOMÍNGUEZ BÚA

Anxos Fazáns, gañadora do premio á Mellor Curtametraxe Galega no FICBUEU 2024 por Habitar, achegaranos ao proceso creativo do seu novo filme, As liñas discontinuas, que se poderá ver proximamente nas salas de cinema.

As liñas discontinuas é unha historia sobre a conexión humana e a amizade. Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día en que ten que abandonar o fogar no que viviu os últimos vinte anos, chega á súa casa e atopa todo patas arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un mozo de 28 anos que, a pesar de ter estudado unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Logo de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño. Cando retoman as súas vidas, xa non son os mesmos.

Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.