Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility ENCONTRO. JAIME ROSALES • FICBUEU

Actividades

← Volver
ENCONTRO. JAIME ROSALES

ENCONTRO. JAIME ROSALES

SÁBADO 7 ÁS 19:00H. SALA MULTIUSOS

Nesta conversa entre o cineasta Jaime Rosales e o crítico cinematográfico Yago Paris faremos un percorrido a través da obra dun dos cineastas españois máis relevantes das últimas décadas ao tempo que analizaremos a crise actual das sociedades capitalistas e como esta tivo o seu reflexo no cinema dos últimos 25 anos.

 

Jaime Rosales estudou unha licenciatura e un mestrado en Ciencias Empresariais pola ESADE e cinema na Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños. Os seus filmes, reflicten o gran interese do director por encontrar novas formas expresivas afastadas das convencións habituais da linguaxe cinematográfica. Recibiu numerosos recoñecementos á súa obra cinematográfica como o Premio da Crítica do Festival de Cannes, o Goya á Mellor Película e ao Mellor Director, o Premio da Crítica do Festival de San Sebastián e o Premio do Xurado Ecuménico do Festival de Cannes. No ano 2018 publicou El lápiz y la cámara, un libro que reflexiona sobre o cinema e a creación artística. Actualmente, a súa última longametraxe Morlaix, rodada en Francia, está en post-produción.


O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.