

Encontro: Oliver Laxe
SÁBADO 24 ÁS 19:00 H. / SALA MULTIUSOS DO CENTRO SOCIAL DO MARÁngel Suanzes conducirá esta conversa co cineasta galego Oliver Laxe. Nesta repasaremos a súa filmografía centrándonos no tratamento temporal da súa obra. Oliver Laxe fai historia en 2019 ao converterse, canda Víctor Erice, no primeiro cineasta español seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras, e no único en ser premiado en todas as súas participacións. O seu último filme, O que arde, ten participado nos principais festivais da tempada, como San Sebastián, Toronto, Tokio, Londres, Melbourne, Mar del Plata ou Nova York, gañando numerosos premios.